Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: suso_de_toro

Suso de Toro presenta a edición en castelán de «Sete palabras»

Hoxe aparecen  na prensa senllas entrevistas con motivo da publicación por parte de Alianza Editorial da edición en castelán de Sete palabras, a máis recente novela de Suso de Toro. Público faino co título «Como escritor, debo hacer las preguntas que molestan; mentres a axencia Europapress como «”Siete palabras” para abrir el desvan del pasado».

Suso de Toro será entrevistado o martes en «Hoy por Hoy»

Suso de Toro sera entrevistado por Carles Francino mañá, martes 6 de abril, a partir das 10:30 horas, dentro do programa «Hoy por Hoy» da Cadea SER. A entrevista coincide co inicio do lanzamento das edicións en castelán de Sete palabras e Trece badaladas, publicadas por Alianza Editorial.

Aparece a edición de «Sete palabras» de Suso de Toro en castelán

Nos vindeiros días comezarán a chegar ás librarías os primeiros exemplares de Siete palabras, a edición en castelán, preparada por Alianza Editorial, da máis recente novela de Suso de Toro. Os nosos parabéns.

Rivas e De Toro entran na Sorbona

Ana Teruel publica nas páxinas do suplemento «Luces» de El País Galicia unha reportaxe arredor do coloquio que na Sorbona se desenvolve estes días sobre a obra literaria de Manuel Rivas e Suso de Toro. “En Francia hai un interese crecente polo galego a través do que nos dan a coñecer Manuel Rivas e Suso de Toro”, explica Jorge Vaz.

Once universidades de seis países estudan en París a obra de Suso de Toro e Maneul Rivas

Manuel Rivas e Suso de Toro están considerados como dous dos máis importantes escritores galegos en activo, con gran peso dentro e fora das fronteiras do país.

Francia olla para Rivas e Suso de Toro

Iago Martínez anuncia na edición de hoxe de Xornal de Galicia que «Suso de Toro e Manuel Rivas serán protagonistas os vindeiros días 11 e 12 de marzo na Universidade de París-Sorbonne IV».

Suso de Toro, entrevistado por «A Nosa Terra»

O número desta semana do semanario A Nosa Terra publica unha longa entrevista con Suso de Toro a raíz da aparición de Sete palabras. Baixo o título: «Síntome un supervivente dentro dunha xeración fusilada», Xan Carballa aborda con Suso de Toro as claves da súa novela máis recente, a piques de ser publicada a súa tradución ao castelán.

Presentación de «Sete palabras» en Rianxo

A edición impresa de La Voz de Galicia do Barbanza publica unha extensa crónica do que foi a presentación en Rianxo da novela de Suso de Toro, Sete palabras. O acto, organizado pola asociación cultural Barbantia reuniu a un cento de persoas e o concello de Rianxo, coincidiu coa celebración do 124 aniversario do nacemento de Castelao.

Pemón Bouzas… «Con “Sete palabras” Suso de Toro supérase a si mesmo»

O exercicio da escritura, xa de por si complexo, require ás veces dun esforzo adicional superior, incluso extremo. Sobre todo cando se xuntan escritura e memoria, memoria persoal, memoria que atinxe ó máis íntimo da persoa e dos seres queridos, da familia, dos maiores. Esforzo superior cando hai que ir descubrindo o que os pais e os avós xa non poden contar. Cando hai que converter os descubrimentos e a ausencia deles en novela.

«”Sete palabras” é un libro onde se funden literatura máis vida»

«Unha busca da identidade e das orixes: iso é Sete palabras (Edicións Xerais 2009), a nova obra de Suso de Toro , na que o escritor se converte en personaxe de novela, protagonista e narrador a un tempo. Ficción e realidade mestúranse ao longo das páxinas nunha sorte de viaxe dende Santiago de Compostela deica  Cuba, as terras zamoranas ou Madrid; de travesía interior dende a actualidade ata os comezos do século pasado».

«Sete palabras» de Suso de Toro, presentación en Rianxo

O libro de Suso de Toro Sete palabras será presentado este venres 29 de xaneiro ás 20:30 no auditorio de Rianxo. No acto estarán presentes o autor; o secretario de Barbantia, Xosé Ricardo Losada; o académico, investigador e Premio Barbantia da Cultura Galega 2009, Xosé Luís Axeitos; o director de Xerais, Manuel Bragado; e mais o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro.

«O fracaso dun éxito», retrato de Ramón Cabanillas

Suso de Toro publica hoxe nas páxinas de «Luces» de El País Galicia, baixo o título «O fracaso dun éxito», un retrato literario da figura de Ramón Cabanillas. Un texto que continúa a liña dos moitos traballos publicados con motivo do cincuentenario do pasamento do poeta da raza e da publicación da súa Poesía galega completa por Xerais no pasado mes de novembro.