Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: suso_de_toro

«”Sete palabras”: na procura das orixes», crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Baixo o título «Na procura das orixes», Manuel Rodríguez Alonso publica no «Cartafol de Libros« de Vieiros unha crítica de Sete palabras, a novela máis recente de Suso de Toro.

Dolores Vilavedra: «’Sete palabras’ é un chamamento á reconciliación con nós mesmos»

Suso de Toro fálanos en Sete palabras dende o alén, sobre todo dende ese alén xeracional do home que se atopa na metade do camiño e que, antes de seguir adiante, precisa facer unha pausa e mirar atrás, ordenar o seu pasado para que non se lle esboroe ese futuro que pasou a vida tentando construír.

Suso de Toro: «Sete palabras é o mellor libro que escribín»

Isabel Bugallal publica hoxe en La Opinión da Coruña unha entrevista con Suso de Toro con motivo da presentación que se realizou onte na Coruña de Sete palabras. Na entrevista Suso de Toro afirma que Sete palabras é «o mellor libro que escribín. Se Tic-Tac era unha visión moi descarnada da vida, este o desdice, é unha visión máis reconciliada, máis serena. É o relato dunha investigación e ten moito de maxia.

«Sete palabras» de Suso de Toro ou a oración do escravo, crítica de Iago Martínez en «Protexta»

Baixo o título «A oración do escravo», Iago Martínez publica no «Protexta» nº 12, o suplemento de libros de Tempos Novos, unha extensa crítica sobre Sete palabras, a máis recente novela de Suso de Toro. O texto, do que recomendamos moi vivamente a súa lectura, pode baixarse en pdf aquí.

«Sete palabras» de Suso de Toro, presentación na Coruña

O vindeiro luns, 14 de decembro, ás 19,00 horas no Salón de Actos do centro UNED, Rúa Pepín Rivero, 3 Cidade Escolar da Coruña, terá lugar unha tertulia literaria arredor de Sete palabras, a máis recente novela de Suso de Toro.

«Sete palabras», primeira crítica, «La Voz de Galicia»

Ramón Nicolás publica hoxe no suplemento «Culturas»de La Voz de Galicia a primeira crítica de Sete palabras, a novela máis recente de Suso de Toro. O texto publicado pode lerse [baixarse] aquí en pdf.

«Sete palabras» de Suso de Toro, presentación en Ourense

O vindeiro xoves, 3 de decembro, ás 20:15 horas nas instalacións do Liceo de Ourense (rúa Lamas Carvajal nº 5) terá lugar unha tertulia literaria arredor de Sete palabras, a obra máis recente de Suso de Toro. No acto o editor Manuel Bragado conversará con Suso de Toro sobre a novela.

«Sete palabras» de Suso de Toro, tertulia en Pontevedra

O vindeiro xoves, 26 de novembro, a partir das 20:00 terá lugar na sede da Fundación Caixa Galicia, Edificio Café Moderno de Pontevedra, unha tertulia literaria arredor de Sete palabras, a máis recente novela de Suso de Toro. Conversará co autor o editor Manuel Bragado. O acto está organizado polo Ateneo de Pontevedra, a Fundación Caixa Galicia e Xerais.

Suso de Toro entrevistado por «El Correo Gallego»

J. Miguel Giráldez publicou onte no suplemento dominical de El Correo Gallego unha longa entrevista con Suso de Toro con motivo da aparición de Sete palabras. Aínda queda media hora para a presentación de Sete Palabras, o novo libro de Suso de Toro. Cae a noite. Non cae a noite tropical, iso é certo, porque novembro se volveu frío de súpeto, tras as grandes tormentas do outono.

Suso de Toro entrevistado por «Galicia hoxe» e «El Correo Gallego»

Tras a tertulia de onte na libraría Sargadelos de Santiago, que serviu de presentación a Sete palabras, Suso de Toro foi entrevistado por Montse Dopico para Galicia hoxe e El Correo Gallego. recollemos algúns paráfos dun texto moi interesante. “Se túa avoa Valentina casou cun fantasma teu pai e teu tío serían fillos medio fantasmais. Ti coa cuarta parte de fantasma.

«Sete palabras» de Suso de Toro, tertulia de presentación en Santiago

O vindeiro martes, 17 de novembro, ás 20:00 horas na Galería Sargadelos de Santiago (Rúa nova 16) no seo dunha tertulia presentarse Sete palabras, a novela máis recente de Suso de Toro.

O libro dixital en Galicia

Manuel Bragado presentou onte a súa visión do libro dixital en Galicia na conferencia que ditou no seo do VI Simposio « O libro e a lectura» organizado pola Asociación Galega de Editores. O texto da súa intervención pode baixarse en pdf. Esta foto de Anxo Iglesias presentou a reportaxe que  El País Galicia dedicou á aparición dos primeiros e-books de Xerais, Sete palabras de Suso de Toro e Dime algo sucio de Diego Ameixeiras.