Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: suso_de_toro

«Sete palabras» para o Día de Defuntos por Suso de Toro

Hoxe día 30 de Novembro hai un ano morreu Anxo Rei Ballesteros, Adolfo. A escrita/reescrita do meu libro Sete palabras, un diálogo con fantasmas tamén incluíu as tesoiras, caeron pedaciños do libro que fican polos caixóns do ordenador. Un pedaciño que caeu xa o resgatei alá atrás e rescátoo hoxe para lembrar a un escritor que morreu na véspera do Día de Defuntos e que no ano 1977 escribira Dos Anxos e dos Mortos.

Viaxe ao centro de Suso de Toro

A edición galega de El País publica no suplemento «Luces» unha longa entrevista de Daniel Salgado con Suso de Toro, a raíz da próxima aparición de Sete palabras, a súa novela máis recente. Baixo o título de «Viaxe ao centro de Suso de Toro», Salgado e de Toro conversan sobre unha obra chamada a cruzar unha nova fronteira literaria. Recollemos algúns parágrafos dun texto que recomendamos moi vivamente: Saldar débedas.

Suso de Toro relata a historia de «Sete palabras»

A edición galega de El Pais adiantou esta tarde que mañá no suplemento «Luces» Suso de Toro relata a historia de Sete palabras, a súa novela máis recente. Sete palabras estará nas librarías na primeira semana de novembro, sendo publicada ao tempo en edición impresa como en edición dixital para e-ebook, o que constitúe un fito pioneiro na edición galega e peninsular.

Suso de Toro fala de «Sete palabras»

No transcurso do café de redacción con Suso de Toro, publicado o pasado domingo por Xornal de Galicia, o autor compostelán fala da aparición da súa vindeira novela titulada Sete palabras. Teño dous libros por diante, un algo por azar e outro intencionado. Nun fago unha selección de textos sobre arte e sociedade.

Xerais, próximas novidades literarias

Anunciamos o programa de novidades literarias preparado pola editorial até finais de 2009. XERAIS NARRATIVA Sete palabras, Suso de Toro, novela, edición en papel e e-book (aparición librarías primeira semana de novembro). Dime algo sucio, Diego Ameixeiras, novela, edición en papel e e-book (aparición librarías primeira semana de novembro).

“Unha conversa con Ramón Piñeiro”

Unha conversa con Ramón Piñeiro de Suso de Toro é o primeiro libro, que con motivo da efeméride do 17 de maio de 2009,  Xerais publica en soporte exclusivamente dixital (30 páxinas). Pode baixarse gratuitamente en soporte pdf dende aquí.

«Home sen nome», primeira crítica en Italia

«Home sen nome», primeira crítica en Italia

La Stampa acaba de publicar a primeira crítica sobre Uomo senza nome, a edición italiana da novela de Suso de Toro Home sen nome. Reproducimos o texto polo seu grande interese: GLAUCO FELICI Galiziano poco più che cinquantenne, Suso de Toro è un personaggio della Spagna d’oggi.

«Home sen nome» traducido ao italiano

«Home sen nome» traducido ao italiano

Suso de Toro acaba de chegar de Ivrea onde presentou a edición italiana de  Home sen nome. A tradución dende o galego, preparada por Fabio Angelli, apareceu na editora Gran Via baixo o título de Uomo senza nome.

Suso de Toro en «Galicia Hoxe»

Suso de Toro en «Galicia Hoxe»

Galicia Hoxe entrevista a Suso de Toro con motivo da aparición da súa próxima novela, Por arte de maxia, no vindeiro mes de maio en Edicións Xerais.

«Por arte de maxia», nova novela de Suso de Toro

[youtube=https://www.youtube.com/watch?v=X_4BUaEsenc] Suso de Toro anuncia no blog que acaba de abrir o que será o comezo da súa nova novela, Por arte de maxia. Aparecerá no catálogo da editorial na vindeira primavera.

Xerais 2009: trinta aniversario, 3.000 títulos

O plan editorial 2009 de Xerais estará marcado polo trinta aniversario de creación do noso proxecto e por superar, a inicios da vindeira primavera, os tres mil títulos editados.

Xerais Narrativa, adianto de novidades 2009

Xerais Narrativa, adianto de novidades 2009

Ademais da novela de François Bégaudeau, A clase, ao longo deste mes de xaneiro aparecerán outras dúas: Riofero de Xelís de Toro e Monbars o Exterminador de Hixinio Puentes, último Premio de Narrativa galego portuguesa Eixo Atlántico.