Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: suso_de_toro

Suso de Toro anuncia o tema da súa próxima obra narrativa

Suso de Toro anuncia o tema da súa próxima obra narrativa

A periodista Helena Domínguez informa no seu blog que no seo dunha conferencia que Suso de Toro pronunciou na facultade de Filoloxía da Universidade de Barcelona adiantou o tema da súa próxima obra. «Os interrogantes suxeridos por unha foto de seu pai fronte á porta tapiada da súa casa natal, en Zamora, levaron a Suso de Toro a investigar a propia historia familiar, como materia prima literaria da súa próxima obra.

«Outra Galiza», crítica no «Faro da Cultura»

«Outra Galiza», crítica no «Faro da Cultura»

Alfredo Iglesias publica no Faro da Cultura de hoxe unha crítica de Outra Galiza, o volume de Suso de Toro publicado en Xerais Crónica.

«Home sen nome» en italiano

«Home sen nome» en italiano

Acaba de aparecer a edición italiana de Home se nome de Suso de Toro. A novela, publicada baixo o título Uomo senza nome, foi traducida por Fabio Angelli (profesor de italiano da EOI de Vigo) e publicada pola editorial Gran Via.

“Un antídoto para o autoodio”

“Un antídoto para o autoodio”

Galicia hoxe informa do encontro que autores e autoras da editorial (Manuel Rivas, Suso de Toro, Rosa Aneiros, Fina Casalderrey e Xosé Luís Méndez Ferrín) mantiveron na Facultade de Filoloxía de Santiago con ex alumnos de Cursos de Lingua e Cultura Galega para Estranxeiros da USC. Unha foto importante para a historia, que recollemos con orgullo e agradecemento.

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Xerais participará nos seguintes actos da Feira do Libro da Coruña, que terá lugar do 1 ao 10 de agosto: 1 venres, ás 20,00 h. Suso de Toro asina Outra Galiza. 1 venres, ás 20,00 h. Presentación de Recordar doe de Herminio Barreiro. Intervirán: Narciso de Gabriel, Manuel Bragado e o autor. 2 sábado, ás 19,00 h. Presentación de Os Grouchos e recital poético “A luz do faro” de Manuel Rivas. 3 domingo, ás 20,30 h.

Suso de Toro, entrevistado para a rede

Suso de Toro, entrevistado para a rede

Aquí pode verse a entrevista con Suso de Toro emitida por ANT Televisión con motivo da presentación d’ Outra Galiza. En Vieiros pode visionarse estoutra entrevista.

Suso de Toro presentou “Outra Galiza”

Suso de Toro presentou “Outra Galiza”

Suso de Toro presentou Outra Galiza nun acto celebrado no Club Internacional de Prensa de Santiago no que estivo acompañado do editor Manuel Bragado. Recollemos as primeiras referencias publicadas nos medios electrónicos: “Os galegofalantes somos tratados como inmigrantes” (Galicia hoxe). “A ‘Outra Galiza’ de Suso de Toro” (El Correo Gallego). “Suso de Toro.

“Outra Galiza”, roda de prensa

“Outra Galiza”, roda de prensa

O luns, 30 de xuño, ás 12:30, no Club Internacional de Prensa de Santiago, presentarase en roda de prensa Outra Galiza de Suso de Toro. No acto intervirán o autor e Manuel Bragado.

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Xerais realizará un importante número de actos na Feira do Libro de Vigo, que se celebrará na Alameda viguesa do 27 de xuño ao 6 de xullo. 30 luns, ás 19,00 h: Manuel Rivas asinará Os Grouchos.  1 martes, ás 20,30 h: presentación de Festina lente de Marcos S. Calveiro. No acto intervirán Óscar Sánchez, Fran Alonso e o autor. 2 mércores, ás 20,00 h: Agustín Fernández Paz asinará O único que queda é o amor.

“Outra Galiza”, adianto

“Outra Galiza”, adianto

Aquí poden descargarse vinte páxinas do novo libro de xornalismo de Suso de Toro, Outra Galiza. Este documento pdf inclúe o limiar do libro e dous traballos correspondentes ás dúas partes da obra: “o traxe non vale” (primeiro traballo do capítulo “O tempo aberto”) e “Outras ideas, outro galeguismo” (un dos textos da segunda parte “Saíndo ao día”).

“Outra Galiza”, novo libro de Suso de Toro

“Outra Galiza”, novo libro de Suso de Toro

Outra Galiza, novo libro de xornalismo de Suso de Toro, aparecerá nas librarías coincidindo coa Feira do Libro de Vigo.