Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: tastarabás

Antón Cortizas e Cesáreo Sánchez Iglesias recibiron os Premios Losada Diéguez en Boborás

El Correo Gallego e Galicia Hoxe publican unha información sobre  aentrega dos Premios Losada Diéguez no Pazo de Moldes, no concello de Boborás, que recaeron nesta edición no poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, polo seu libro Caderno do Nilo, e no escritor Antón Cortizas, por Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza, nos apartados de creación e investigación respectivamente.

Cesáreo Sánchez Iglesias e Antón Cortizas, Premios Losada Diéguez de creación e investigación

O poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, co seu libro Caderno do Nilo, e o escritor Antón Cortizas, con Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza, resultaron gañadores esta fin de semana do Premio Losada Diéguez nos apartados de creación e investigación respectivamente. O xurado, que se reuniu no Concello de Boborás premiou estas dúas obras de Xerais, sinalou as virtudes das obras premiadas.

Noite da Edición 2014. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre os Premios da Noite da Edición 2014.

«Vento e chuvia», de Manuel Gago, «Tastarabás», de Antón Cortizas e a escritora Berta Dávila, galardoados nos Premios Ánxel Casal da Noite da Edición 2014

Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, de Manuel Gago e con ilustracións de Manel Cráneo, editado por Edicións Xerais, recibiu o venres á noite en Betanzos o Premio Xosefa Vilarelle ao mellor libro educativo do ano. Así mesmo, Tastarabás.

«Tastarabás», de Antón Cortizas: un longo traballo sobre xoguetes feitos a partir da natureza ou obxectos de uso común

O Diario de Ferrol publicou unha información sobre Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais de Antón Cortizas. A información pode lerse ou descargarse neste enlace en pdf.

Os libros finalistas dos Premios Ánxel Casal da Edición 2014

A Asociación Galega de Editores fixo públicos os libros finalistas dos Premios Ánxel Casal da Edición, galardóns que pretenden recoñecer o traballo realizado polos editores galegos ao longo do ano. A presentación de candidaturas e a primeira votación é realizada polos editores e, posteriormente, de entre os libros e proxectos finalistas, o xurado delibera e decide os premiados de cada unha das categorías.

O Top 10 de Ramón Nicolás. Os mellores libros do 2013

O crítico Ramón Nicolás publico na revista Biblios. Clube de Lectores unha listaxe co seu Top 10 das mellores novelas do ano 2013. Entre elas, as publicadas por Xerais son as seguintes:   1. Costa do Solpor  de Xosé Mª Lema. Un autor que se incorpora serodiamente ao campo da narrativa galega e que o fai con extraordinaria competencia e, manexando unha oceánica documentación, devolve o gusto pola narrativa de aventuras. 2.

Os enredos de «Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais», unha alternativa aos deberes. Ampla reportaxe de Rodri García

La Voz de Galicia publicou no suplemento Culturas unha ampla reportaxe de dúas páxinas de Rodri García sobre Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais de Antón Cortizas. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Presentación en Santiago de “Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais”

O mércores, 29 de maio, ás 19:00 horas, no MUPEGA, San Lázaro, 107 de Santiago, terá lugar a presentación de Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais de Antón Cortizas. No acto participarán Valentín García Gómez (Secretario Xeral de Política Lingüística), Manuel Bragado e Antón Cortizas.

Presentación na Coruña de “Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais” de Antón Cortizas

O xoves, 16 de maio, ás 19:00 horas, en El Corte Inglés de Marineda. Polígono da Grela, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais de Antón Cortizas. No acto, organizado con motivo da celebración da Semana das Letras Galegas neste centro comercial,  participarán Manuel Bragado e Antón Cortizas.

Antón Cortizas: «Xogar non é perder o tempo, senón aprender a estar no mundo». Información sobre «Tastarabás. A enciclopedia de brinquedos tradicionais»

El Correo Gallego reproduce a información dunha entrevista a Antón Cortizas en Radio Obradorio sobre Tastarabás.     “Xogar non é perder o tempo, senón aprender a estar no mundo” O libro ‘Tastarabás. A Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza’ recompila máis de 1.

Un libro, pequena alfaia, froito do amor: «Tastarabás», a enciclopedia dos xoguetes e brinquedos tradicionais de Antón Cortizas. Artigo de X. C. Caneiro

O Culturas de La Voz de Galicia acolleu o pasado sábado un artigo de Xosé Carlos Caneiro no que fala de Tastarabás, a enciclopedia dos xoguetes e brinquedos tradicionais de Antón Cortizas.     Os grandes libros son sempre fillos do amor. Poder apertar e agarimar un deles é un gozo que abunda na miña vida, pracer maior ao que non quero nin podo renunciar.