Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: teatro_infantil

«O valo», de Carlos Labraña, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á obra de teatro infantil O valo, de Carlos Labraña, gañadora do Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil. O programa pode verse nesta ligazón.

Unha homenaxe aos refuxiados: «O valo», de Carlos Labraña. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a obra de teatro infantil O valo, de Carlos Labraña, gañadora do Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil.

Carlos Labraña: «O preocupante é que os que mandan no mundo queiran erguer máis valos»

O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar ao escritor Carlos Labraña, sobre a obra de teatro infantil O valo, gañadora do Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Moi recomendable para a escola: «O valo», de Carlos Labraña. Crítica en Brabádegos

O blog de literatura infantil Brabádegos publicou unha recensión crítica sobre o libro O valo, de Carlos Labraña, ilustrado por Nuria Díaz.   Derrubando valos, mirando as estrelas Comezamos o curso cheos de enerxías renovadas despois dun merecido descanso, con ganas de ler mil follas coa chegada do outono, de inzar de castañas os soutos todos.

Novidade: «O valo», de Carlos Labraña, IX Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil

O valo, de Carlos Labraña, ilustrado por Nuria Díaz, é unha novidade da Biblioteca Dramática galega, coeditada por Xerais e AGADIC. IX Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil, 2016 No medio dun deserto, que se estende até onde alcanza a nosa vista, o Soldadiño de chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame, xusto onde no seu mapa marca a fronteira.