Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: tendencias

Obxectos fabulosos e espécimes exóticos dun personaxe singular: «O Gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte» de Irene e Rodrigo Pérez Pintos

Tendencias, de Galicia Confidencial, publicou unha información sobre o libro O Gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte de Irene Pérez Pintos e Rodrigo Pérez Pintos.   O Gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte O pasado venres presentouse en Vigo un interesante libro sobre o descoñecido Gabinete das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte.

Provocadora, divertida, emocionante… E polémica?: «A memoria da choiva», de Pedro Feijoo. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre A memoria da choiva, de Pedro Feijoo.   Provocadora, divertida, emocionante… E polémica? Logo do enorme éxito de Os fillos do mar agardábase con impaciencia unha nova entrega de Pedro Feijoo, unha nova entega que o consolidara como un dos narradores a seguir por un público lector moi numeroso. E xa está aquí.

Manuel Gago: «Isto é un auténtico tesouro cultural, descoñecido para o 98% da poboación galega». Entrevista de Xurxo Salgado

Galicia Confidencial publica unha entrevista de Xurxo Salgado a Manuel Gago e Manel Cráneo pola próxima aparición do libro Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia.     «Os deuses da Idade do Ferro seguen camuflados entre nós a través do catolicismo» Como se supón que eran os deuses da Galicia castrexa?. A quen protexían e a que dominaban?. Quen osadoraba?.

Arrepía ler unha crueldade programada tan grande: «Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)», de Xosé Álvarez Castro. Crítica de M. Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)», de Xosé Álvarez Castro.     Memoria histórica: necesaria e imprescindible Que pasou en Pontevedra desde o 36 ao 39?. Xosé Álvarez Castro tenta recrear o horror que se viviu na Pontevedra do golpe de Estado de Franco na que non faltaron os paseos e os fusilamentos.

Concisión e aproveitamento admirable: «Historia de Galicia», de Anselmo López Carreira. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre Historia de Galicia, de Anselmo López Carreira.   Síntese axeitada Anselmo López Carreira narra unha Historia de Galicia na que parte da idea de que Galicia é unha nación sen estado e pasa revista aos clásicos da historiografía de Galicia, como Vicetto, Murguía ou López Ferreiro. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso.

As dificultades dun xornalista que dirixe un periódico de esquerdas: «Os xornalistas utópicos», de Manuel Veiga. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre Os xornalistas utópicos, a nova novela de Manuel Veiga, que aconsella ler vivamente.     Memoria profesional, histórica e ata dunha xeración Manuel Veiga recrea en ‘Os xornalistas utópicos’ unha novela do oficio do xornalismo. Un oficio que coñece ben, xa que foi o último director do malogrado ‘A Nosa Terra’.

Unha visión distinta de Galicia e o galeguismo: Amada liberdade», de Fernándo Pérez-Barreiro Nolla. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre sobre Amada liberdade, as memorias do tradutor, escritor e intelectual Fernándo Pérez-Barreiro Nolla.   Galicia vista desde fóra Fernando Pérez-Barreiro e Teresa Barro presentan en ‘Amada liberdade’ unha imaxe da Galicia da postguerra deshinibida.