Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: teresa_barro

Xerais publicará na primavera «Amada liberdade», as memorias do intelectual Fernando Pérez-Barreiro

Tal e como recolle hoxe a noticia de La Voz de Galicia, Xerais publicará na primavera Amada liberdade, as memorias do intelectual Fernándo Pérez-Barreiro Nolla, a quen o IGADI acaba de renderlle unha calurosa homenaxe estes días en Baiona.

Homenaxe a Fernando Pérez-Barreiro Nolla o próximo venres 7 en Baiona

O IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) celebrará o vindeiro venres 7 de xaneiro un acto cívico de homenaxe a Fernando Pérez-Barreiro Nolla (Ferrol 1931-Lancaster 2010). O evento, que se iniciará ás 20 horas no Hotel Bahía de Baiona e rematará ás 21,30 horas, contará coa participación de Xulio Ríos, Nicolás Vidal, F. X.

«Alicia no país das marabillas», un libro a revisitar

Hoxe que se estrea en España a película de Tim Burton, é unha boa oportunidade para revisitar a edición en galego de Alicia no país das marabillas, o libro fulcral de Lewis Carroll.

Faleceu Fernando Pérez-Barreiro Nolla

A dirección e o cadro de persoal de Xerais expresa o seu pesar polo falecemento o pasado día 3 de Fernando Pérez-Barreiro Nolla, tradutor e colaborador de Xerais dende a súa fundación. Nacido en Ferrol en 1931, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago, residía en Londres dende 1963, onde traballou nos programas dos servizos exteriores da BBC para España e como xefe de tradución da Organización Internacional do Café.