Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: teresa_cuíñas

Presentación en Pontevedra de “Formigas nos pés” de Nazaret López

O sábado 15 de febreiro de 2020, ás 12:30 horas, na libraría Paz, rúa Peregrina 29, Pontevedra, terá lugar o “Vermú entre libros” arredor da novela Formigas nos pés de Nazaret López que conversará coa xornalista Teresa Cuíñas.

Presentación en Pontevedra de “Noites de safari” de Marleen MaLone

O sábado 28 de abril, ás 12:30 horas na libraría Paz, Peregrina, 29, Pontevedra, terá lugar o “Vermú entre libros con Marleen Malone (Iolanda Zúñiga)”. A escritora conversará coa xornalista Teresa Cuíñas sobre a súa novela Noites de safari.

Vermú entre libros con “Galería de saldos” de Diego Giráldez en Pontevedra

O sábado, 8 de outubro, ás 12:30 horas, na libraría Paz, rúa Peregrina, 29, Pontevedra, terá lugar o vermú entre libros  da novela Galería de saldos de Diego Giráldez. Participarán a xornalista Teresa Cuíñas e Diego Giráldez.

Presentación en Vigo de “Cabalos e lobos” de Fran P. Lorenzo

O xoves, 25 de xuño, ás 20:00 horas, no Restaurante 7ª pranta de El Corte Inglés de Vigo, terá lugar a presentación da novela Cabalos e lobos de Fran P. Lorenzo XXXII Premio Blanco Amor de Novela. No acto participarán Teresa Cuíñas, Manuel Bragado e Fran P. Lorenzo.

Programa de Xerais no Culturgal 2013

Xerais estará presente no Culturgal 2013, que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra o 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro. Aquí o programa de presentacións, conversas con autores e autoras da editorial. Venres 29 de novembro 13:15 horas, Espazo do libro: Encontro con lectores  de Marcos Calveiro, autor de Todos somos.

Os días dunha axitada Movida. Reportaxe de Teresa Cuíñas a partir dos libros «Vigo. A explosión dos ’80» e «Vigo a 80 revolucións por minuto»

Os días dunha axitada Movida. Reportaxe de Teresa Cuíñas a partir dos libros «Vigo. A explosión dos ’80» e «Vigo a 80 revolucións por minuto»

A xornalista Teresa Cuíñas publica en El País unha reportaxe titulada «Todas las movidas de Vigo» centrada nos dous libros que publicou Xerais recentemente: Vigo a 80 revolucións por minuto de Emilio Alonso e Vigo. A explosión dos ´80, de Víctor de las Heras.

Fran Alonso: «A invisibilidade é unha estratexia que nos oprime». Entrevista ao autor de «Ninguén»

Fran Alonso: «A invisibilidade é unha estratexia que nos oprime». Entrevista ao autor de «Ninguén»

El País publica hoxe no suplemento «Luces» unha entrevista de Teresa Cuíñas con Fran Alonso a raíz da publicación do seu último libro, Ninguén. «A invisibilidade é unha estratexia que nos oprime» Novelista, poeta, xornalista e editor, Fran Alonso é un autor prolífico.

Entrevista con Xavier Queipo, Premio Xerais 2011: «A pobreza e a violencia sempre son parecidas. Agora na posmodernidade a apocalipse é a ausencia de emprego»

O suplemento Luces de El País publica unha entrevista de Teresa Cuíñas con Xavier Queipo, sobre Extramunde, a novela gañadora do Premio Xerais 2011. «Hai un ataque e cómpre reconstruírmos isto pedra a pedra» Cando Extramunde saia do prelo, en outono, os lectores e a crítica poderán comprobar os méritos da novela gañadora do 28º Premio Xerais.

Premios Xerais 2011 nos medios

Foron numerosas as referencias na prensa galega, tanto impresa como dixital, ao fallo dos Premios Xerais 2011. «Os Xerais distinguen obras de aventuras mariñas e de intriga» (Camilo Franco, La Voz de Galicia). «Xavier Queipo, Héctor Carré y Anxo Fariña se alzan con los Premios Xerais 2011» (E. Ocampo, Faro de Vigo). «Xavier Queipo gaña o Xerais de Novela con “Extramunde”« (Xornal de Galicia).

Reportaxe de Teresa Cuíñas sobre «Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz

A xornalista Teresa Cuíñas publica unha reportaxe en El País sobre a publicación de Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz.

«Narradoras para o século XXI» por Teresa Cuíñas

A LITERATURA SAÚDA A UNHA NOVA XERACIÓN DE MULLERES PROSISTAS Dezaoito anos despois da súa creación, en 2001 o Premio Xerais de Novela, o de maior dotación económica en lingua galega, distinguiu, por vez primeira, unha obra escrita por unha muller.

«Feministas galegas»: a historia que faltaba por contar

Teresa Cuíñas, baixo o título «Unha historia que faltaba por contar», publica unha moi interesante reportaxe en El País Galicia arredor do libro Feministas galegas. Clave dunha revolución en marcha de Mónica Bar Cendón. Estte libro será presentado o vindeiro mércores, 17 de marzo, ás 20.00 horas naLibraría Librouro de Vigo. No acto acompañarán á autora, Camiño Noia, María Xosé Queizán e Manuel Bragado.