Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: todo_ben

Os libros de Manuel Rivas: 100 opinións dos estudantes do IES de Silleda

Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis máis de 100 opinións dos seus alumnos e alumnas sobre diversos libros de Manuel Rivas lidos ao longo dun trimestre. As opinións dos/as estudantes poden lerse neste enlace.

A presentación da primeira novela de Manuel Rivas, rescatada da hemeroteca de El Ideal Gallego

O xornal El Ideal Gallego rescatou da súa hemeroteca, esta fin de semana, a foto da presentación, da primeira novela de Manuel Rivas, Todo ben, no Ateneo da Coruña, presentación na que participaron Xavier Seoane, Xosé Manuel Pereiro, Moncho Viñas e os xogadores do Deportivo Milos e Donowa. No acto, Rivas leu o «Manifesto por un fútbol atlántico» como unha reflexión irónica sobre o fútbol e a propia sociedade.

«Todo ben», a primeira novela de Manuel Rivas

A Nosa Terra, nesa estupenda sección denominada «Un libro para cada día», faise eco da reedición na colección Fora de Xogo, de Todo ben, a primeira novela de Manuel Rivas, «unha historia ambientada no Brasil, con moito fútbol, algo de amor e unha chisca de intriga».

Manuel Rivas, o xoves 5, ás 19:00 horas, na Feira do Libro da Coruña

Manuel Rivas asinará na Feira do Libro da Coruña mañá xovés, 5 de agosto, a partir das 19:00 horas, exemplares da nova edición de Todo ben, publicada con motivo do seu vinte e cinco aniversario da aparición da primeira edición.

Todo o verán para a aventura, todo o verán para a lectura

En pleno mes de xullo aínda hai tempo para a choiva, agradécese especialmente cando refresca o ambiente, pero o mellor é enrouchar no mar, esa sensación que lle queda a un cando leva unha porrada de horas dentro da auga. O corpo pide sol e praia pero tamén quere froita, xeados e por que non, unha sopa, pero unha Sopa de xarope de amora. Este é o título da obra de Xosé A.

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Xerais xa ten pechado o programa dos actos que realizará na Feira do Libro da Coruña, que terá lugar do 1 ao 10 de agosto no paseo dos xardíns de Méndez Núñez. Día 2 luns 19:00 h.: Rosa Aneiros asinará exemplares dos seus libros de Sol de Inverno, Premio Xerais de Novela 2009,  Ás de bolboreta, Premio Fundación Caixa Galicia 2009 e do resto da súa obra. 19:30 h.

«Todo ben», 25 anos despois, a obra de iniciación narrativa de Manuel Rivas

25 anos despois da publicación de Todo ben na colección Xabarín de Xerais, a obra de iniciación narrativa de Manuel Rivas, a vindeira semana chegara ás librarías a nova edicion dentro da colección Fóra de Xogo. Todo ben renace así, tras unha completa revisión do autor, achegando unha segunda vida a unha ficción pioneira da «serie negra» na literatura galega.