Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: todo_ok

Diego Ameixeiras: «A novela negra debe estar atenta ao que sucede nas nosas rúas»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez ao escritor Diego Ameixeiras.     Diego Ameixeiras: «A novela negra debe estar atenta ao que sucede nas nosas rúas» Diego Ameixeiras (Lausana-Suíza, 1976) é posibelmente un dos maiores representantes actuais da nosa novela negra dado que practicamente toda a súa narrativa xira ao redor desta temática.

«Aquí vai haber sangue…» Dez anos de traxectoria literaria de Diego Ameixeiras. Por Elisa Gil

Elisa Gil publicou en La Región un artigo sobre a traxectoria literaria de Diego Ameixeiras.     Aquí vai haber sangue Repasamos os dez anos de traxectoria literaria de Diego Ameixeiras A primeira vez que lin as andanzas do detective Horacio Dopico non puiden evitar procuralo polas rúas do Couto. Imaxinábao compartindo cervexas con algún confidente no Auriense ou fumando apoiado na porta no desaparecido Rock Club.

As novas tendencias da novela negra: «Todo ok», «A punta de pistola» e «Sarou / Louzós»

Ramón Nicolás publicou o no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre as novas tendencias da novela negra en Galicia, incluíndo unha selección de cinco novelas, entre as que hai tres de Xerais: Todo ok, de Diego Ameixeiras; A punta de pistola, de Fran Alonso, e Sarou / Louzós de Ramón Caride.

Diego Ameixeiras: «Síntome moi cómodo no xénero negro». Entrevista sobre «Todo ok»

Xosé Manoel Rodríguez publicou en La Voz de Galicia unha entrevista a Diego Ameixeiras sobre a súa novela Todo OK .     «Todo O. K. parte da historia real dunha operación de narcotráfico» O escritor ourensán creou unha novela de xénero negro tomando como base o apresamento dun submarino Entre as actividades da Feira do Libro de Ourense incluiuse onte a presentación de Todo O. K.

Diego Ameixeiras e Pedro Feijoo: dous autores de novela negra na Feira de Ourense

Os xornal Tempo de Lecer Ourense publica unha reportaxe de Mónica Vázquez sobre os escritores Diego Ameixeiras e Pedro Feijoo presentaron a súas novelas na Feira do Libro de Ourense: Todo OK e Os fillos do mar.

Poética da indefensión: «Todo OK», a última novela de Diego Ameixeiras. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre sobre Todo OK, a última novela de Diego Ameixeiras.   Atrapados e derrotados Crúa poética da desesperanza Diego Ameixeiras súmase á nómina de narradores galegos que escriben ficción inspirándose en acontecementos reais.

Diego Ameixeiras: «Na novela, establecer diferenzas entre o ben e o mal non te leva polo bo camiño». Entrevista de Alberto Ramos sobre «Todo OK»

Dioivo publica unha entrevista de Alberto Ramos a Diego Ameixeiras sobre a súa novela Todo OK (Foto de Manuel Ríos).   «Confiar o futuro a alguén cada catro anos só é un rito democrático, non leva a ningures» Diego Ameixeras (Lausanne, Suíza, 1976) vén de publicar en Xerais a súa nova novela, Todo OK.

Chus Nogueira fala no Diario Cultural de «Todo OK», a última novela de Diego Ameixeiras

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre Todo OK, a última novela de Diego Ameixeiras. A novela comeza a partir dunha descarga frustrada de narcotáfico que tenta entrar na costa galega a través dun submariño.

Intensa, breve e dramática: «Todo OK», de Diego Ameixeiras. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha anotación crítica sobre Todo OK, a última novela de Diego Ameixeiras.   Todo OK Volve Diego Ameixeiras con Xerais a profundar na novela negra ou policial ou unha mestura entrambas posto que Todo OK non é a típica novela negra na que entendemos como tal a procura dunha solución a un crime ou misterio.

Pedro Feijoo con Diego Ameixeiras: «Todo OK» e a modernización do xénero negro

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha crónica da presentación de Todo OK, de Diego Ameixeiras. La Voz de Galicia tamén recolleu a información do evento. Feijoo con Ameixeiras A pesar doutro serán de intenso ballón, un bo grupiño de xente reuniuse na Libraría Paz de Pontevedra para presenciar a conversa sobre Todo OK entre o seu autor, Diego Ameixeiras, e Pedro Feijoo.

Presentación de “Todo OK” de Diego Ameixeiras en Pontevedra

O venres, 1 de febreiro, ás 20:00 horas, na libraría Paz, rúa da Peregrina, 29 de Pontevedra, terá lugar a presentación da novela Todo OK de Diego Ameixeiras. No acto participarán, Pedro Feijoo, Manuel Bragado e Diego Ameixeiras.

Diego Ameixeiras sobre «Todo OK»: «Parecíame moi interesante que o personaxe principal fose unha muller». Entrevista de Iago Martínez

Iago Martínez reproduce no seu blog a entrevista que lle fixo a Diego Ameixeiras sobre o seu libro Todo OK en CUAC FM. Pode escoitarse no minuto 39.