Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: todoebook

A oferta do catálogo de ebooks de Xerais medra día a día e inclúe a Rosalía de Castro

O catálogo dixital de Xerais medra día a día, e xa son arredor de trinta os títulos dispoñibles para lectores electrónicos e tabletas. A edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, preparada por Anxo Angueira para a colección Clásicos tamén está dispoñible desde hai algunhas semanas en formato epub, tal e como anunciamos a medidados de abril.

Xerais amplía a súa oferta de ebooks e reforza o espazo para comunicación web do libro dixital

Xerais continúa ampliando e reforzando a súa oferta dixital, que se centra moi especialmente no ámbito literario.

Os primeiros títulos de Xerais están xa en Amazon, dispoñibles para o Kindle

Os primeiros títulos de Xerais están xa en Amazon, dispoñibles para os lectores e lectoras que empregan o Kindle. Os libros que xa se poden mercar para ese formato electrónico son As voces baixas, de Manuel Rivas; Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela 2012; En vías de extinción, de María Reimóndez; e Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz.

«A modesta proposición e outros ensaios», de Lois Pereiro, dispoñible en formato e-book

Xa é posible ler a Lois Pereiro en formato e-book. Modesta propisición e outros ensaios está a disposición dos lectores e lectoras desde o espazo de Xerais en Todoebook. Deste xeito, unha das obras máis emblemáticas de Pereiro pasa a estar dispoñible en formato e-PUB ao prezo de 8 euros.

Xa á venda os primeiros e-books de Xerais

Os primeiros dous títulos en formato e-book de Xerais xa están á venda. Sete palabras de Suso de Toro e Dime algo sucio de Diego Ameixeiras, dúas das novidades da colección Narrativa que chegan esta semana ás librarías, poden ser descargados neste formato dixital dende o espazo de Xerais en Todoebook.