Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: trafegando_ronseis

Novela demoledora. Recensión crítica de «Dark butterfly», de Rexina Vega, en Trafegando ronseis

Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica de Dark butterfly, de Rexina Vega.   Dark butterfly Custoume moito a lectura deste libro pola súa temática: adentrarse nesoutro mundo da loucura cando o que adoitamos facer é mirar para outro lado non é tarefa sinxela. Rexina Vega publica en Xerais este Dark butterfly que nos enche de dura tristura e abrumadora realidade.

Unha lectura que engancha. Crítica sobre «Os fillos do mar», de Pedro Feijoo, en Trafegando ronseis

Unha lectura que engancha. Crítica sobre «Os fillos do mar», de Pedro Feijoo, en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha crítica sobre Os fillos do mar de Pedro Feijoo. Os fillos do mar Había tempo que unha lectura non me enganchaba de tal xeito: estiven pegada ao sofá toda a tarde, aproveitando a miña media gripe, e non me erguín ata rematala.

«transmuta», de Xabier Cordal, un poemario social e íntimo. Crítica en Trafegando ronseis

«transmuta», de Xabier Cordal, un poemario social e íntimo. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre transmuta, de Xabier Cordal.   transmuta Publicado pola editorial Xerais, poemario de Xabier Cordal: transmuta, un poemario social e íntimo que, como adoita acontecer con todo libro de poemas, ten moi fermosos poemasa carón doutros que non o son tanto.

Opinión dunha rapaza sobre «Amor dos 15 anos, Marilyn», de Agustín Fernández Paz

Opinión dunha rapaza sobre «Amor dos 15 anos, Marilyn», de Agustín Fernández Paz

Cristina Núñez Sanmartín publica en Trafegando ronseis unha anotación sobre Amor dos 15 anos, Marilyn, de Agustín Fernández Paz.   Como son relatos curtos hai uns que me gustan máis ca outros. O primeiro gustoume porque é moi gracioso e fíxome rir, algo que se agradece nas lecturas, sempre tan tristeiras.

Os «Sonetos de Shakespeare»: un luxo para presumir. En Trafegando ronseis

Os «Sonetos de Shakespeare»: un luxo para presumir. En Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha anotación sobre os Sonetos de Shakesperare, na tradución feita por Ramón Gutiérrez Izquierdo.

«A pomba dona Paz», de Ramón Caride»: unha mensaxe de esperanza. Anotación en Trafegando ronseis

«A pomba dona Paz», de Ramón Caride»: unha mensaxe de esperanza. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha anotación sobre A pomba dona Paz, de Ramón Caride, ilustrado por Pepe Carreiro. O libro será presentado hoxe luns 30 de xaneiro, Día Escolar pola Paz, ás 12 horas na Escola Infantil A Pastora de Cambados.

Humanos e raposos. Anotación en Trafegando Ronseis sobre «Memorias dun raposo», de Antonio Reigosa

O blog Tragefando Ronseis publica unha anotación de Gracia Santorum sobre Memorias dun raposo, de Antonio Reigosa. Memorias dun raposo Despois de recibir un tremendo paquete, a miña primeira lectura foi para Memorias dun raposo, con ilustracións de Manolo Uhía, publicado pola editorial Xerais. O autor, claro, Antonio Reigosa: o “enviador”.

Os «hoax» como fío condutor e deconstrución: anotación sobre «Ninguén», de Fran Alonso, en Trafegando ronseis

Trafegando Ronseis publica unha anotación de Gracia Santorum sobre Ninguén, de Fran Alonso.   Ninguén Xa a nosa colaboradora Rosa recomendara este libro, pero non quero deixar pasar a ocasión de facelo eu tamén. Tiven a oportunidade de ler Ninguén de Fran Alonso, publicado pola editorial Xerais, co club de lectura virtual Falemos de lecturas este mes que me correspondía a coordinación.

«Fantasmas de luz», de Agustín Fernández Paz: entre o realismo e a fantasía. Crítica en Trafegando ronseis

«Fantasmas de luz», de Agustín Fernández Paz: entre o realismo e a fantasía. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación de sobre Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz.   Fantasmas de luz O último título que nos ofrece Agustín Fernández Paz é Fantasmas de luz, publicado pola editorial Xerais, apoiado polas fantásticas ilustracións de Miguelanxo Prado.

«Restaurante Farruco», de Chus Pereiro: anotación no blog Trafegando ronseis

«Restaurante Farruco», de Chus Pereiro: anotación no blog Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha anotación de sobre Restaurante Farruco, de Chus Pereiro.   Chus Pereiro é a autora de Restaurante Farruco, texto teatral infantil publicado pola editorial Xerais con ilustracións de Xan López Domínguez. Utilizando o verso rimado, a autora constrúe unha peza disparatada nun só acto, nun só día, nun só espazo.

«Os reloxos preguiceiros de Néboa», de Xavier Lama: anotación en Trafegando ronseis

«Os reloxos preguiceiros de Néboa», de Xavier Lama: anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha anotación de sobre Os reloxos preguiceiros de Néboa, de Xavier Lama.   Na miña procura de textos teatrais para o meu alumnado chego a este Os reloxos preguiceiros da néboa de Xavier Lama, publicado pola editorial Xerais, V Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2010.

«Trece noites, trece lúas» de Antonio Reigosa en Trafegando ronseis: un «paquete bomba» para o Nadal

«Trece noites, trece lúas» de Antonio Reigosa en Trafegando ronseis: un «paquete bomba» para o Nadal

O blog Trafegando ronseis publica unha anotación de sobre Trece noites, trece lúas, de Antonio Reigosa, con ilustracións de Noemí López.   O ano 2011 pasará á miña historia persoal e profesional como un dos mellores. Entre todas as cousas boas que me pasaron foi coñecer, grazas aos premios Xerais, a Antonio Reigosa, con quen conectei deseguida.