Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: trafegando_ronseis

«Makinaria» de Carlos Negro, extraordinaria guía de lectura en formato web

Recomendamos moi vivamente esta extraordinaria guía de lectura en formato web de Makinaria, o poemario de Carlos Negro publicado en Fóra de Xogo. A guía preséntase como un recurso dixital interactivo e multimedia, dirixido a cada un dos lectores do poemario.

«A intervención» de Teresa Moure

A lectura da máis recente novela de Teresa Moure, A intervención, suscita interese e polémica nos blogs. Velaí as opinións publicadas estes días en Trafegando ronseis e en Bouvard e Pécuchet.

Trafegando Ronseis recomendan tres dos nosos álbums

A casa da duna, texto de Fran Alonso; ilustracións Manuel G. Vicente O bo de ter estes días no centro a Feira do Álbum ilustrado é que atopo libros fermosos que se me pasaran no momento da súa publicación. Este que vos traio agora aquí é de Fran Alonso con fotografías de Manuel G. Vicente, e é do ano 2002.

«Linda á espreita», álbum recomendado por Trafegando ronseis

Fermosísimo álbum ilustrado este editado por Xerais cuxo autor é Alexander Steffensmeier. Escrito en 2006, foi un éxito de vendas en Alemaña. E non é de estrañar: ogallá ocorra o mesmo no noso país. Desde logo, agardamos que Xerais publique as dúas próximas entregas. Unha vaca entrañable, divertida, xoguetona…; un álbum de gran tamaño con debuxos doces e amables, con cores vivas.

«Resistencia» de Rosa Aneiros

[Resistencia de Rosa Aneiros]Pareceume unha historia interesante, sobre todo polo feito de contar a situación política e social de Portugal durante case un século a través da vida de distintos personaxes pertencentes á mesma familia pero de diferentes xeracións, así como a influencia que esta pode chegar a ter na vida das persoas, sobre todo nun sistema fascista como foi o que se deu en Portugal, no que as ditaduras de Salazar e

«Historia da chuvia que cae todos os días»

Nada ten que ver este libro cos dous que anteriormente comentamos do mesmo autor, Roberto Salgueiro. Historia da chuvia que cae todos os días é unha traxedia que atende ao drama da vida da emigración, das diferenzas sociais, do maltrato familiar, da violencia. Unha obra merecedora do XVI Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais 2007.

«Unha historia que non vou contar», en Trafegando ronseis

Que se pode esperar dun libro que se titula Unha historia que non vou contar? Pois, así de inicio, suxíreme unha especie de reto, coma se o autor me estivese dicindo “Vaste atrever a ler un libro que se titula así?” E cando vexo que o autor é Cid Cabido teño aínda menos dúbidas de que, en efecto, me está retando, polo que xa non demoro máis a lectura. Afortunadamente.

Trafegando ronseis recomenda «Dime algo sucio»

Gustoume esta última novela de Diego Ameixeiras, Dime algo sucio, novela coral con estrutura circular na que imos desfiañando anacos de vidas que nada teñen que ver entre si e que acabarán mesturándose por esas razóns que o destino ás veces nos ofrece, cunha lixeira (moi lixeira, a verdade) nota de esperanza ao final a pesar da violencia dalgunhas das súas páxinas.

«Valados» recomendado por Trafegando Ronseis

Agustín Fernández Paz demostra en Valados que non son necesarias grandilocuencias nin rimbombancias para denunciar a realidade do noso mundo; ese que nós, os humanos, nos empeñamos en empozoñar cada día, construíndo valados arredor nosa: coa indiferencia, co odio, co medo, co silencio.

«Pingueiras e tarteiras» recomendada por Trafegando ronseis

Cheguei a Pingueiras e tarteiras, como non, polas ilustracións. Ilustracións de Rodrigo Chao, a quen coñecemos ben e quen nos encandila sempre.

«Sol de Inverno»: «gustoume moito, moito»

«Sol de Inverno»: «gustoume moito, moito»

Trafegando ronseis recomenda de forma entusiasta Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009. Reproducimos un texto na súa totalidade: Gustoume moito, moito, este último premio Xerais, Sol de Inverno de Rosa Aneiros.

«A dama da luz», un álbum fermoso recomendado por Trafegando ronseis

Lucidísimo comentario de Trafegando ronseis sobre A dama da Luz, o álbum escrito por Agustín Fernández Paz e debuxado por Jorge Magutis. Reproducímolo na súa totalidade: Fermoso libro, fermoso texto, fermosa historia, fermosas ilustracións. A dama da Luz de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Jorge Magutis, é unha xoia bibliográfica que debemos ter nos nosos andeis. Para abrila de cando en vez.