Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: trafegando_ronseis

Unha simpática crítica ao consumismo excesivo: anotación sobre «O lobo con botas», de El Hematocrítico, en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o álbum infantil O lobo con botas, de El Hematocrítico, traducido por Anaír Rodríguez e con ilustracións de Alberto Vázquez.

«Un libro gamberro que dispara versos graffiteiros, versos para rapear.» Anotación sobre «Street Poems», de Fran Alonso, no blog Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre Street Poems, de Fran Alonso. Street Poems Saborear a Fran Alonso. Ben, saborear a poesía de Fran Alonso, non vaiades entender mal! Sempre que sei que vai publicar un libro de poemas, penso “ogallá sexa para o meu alumnado”. E Street Poems -publicado por Xerais- éo.

Un álbum que foxe de estereotipos e no que destacan o humor e mais o ritmo: anotación sobre «Cincenta e as zapatillas peludas», de Davide Cali, no blog Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre a novela Cincenta e as zapatillas peludas, de Davide Cali, traducido por Anaír Rodríguez e ilustrado por Raphaëlle Barbanègre.   Cincenta e as zapatillas peludas Un álbum moi axeitado para que o primeiro lectorado se achegue a lecturas igualitarias que reescriben os contos clásicos.

Unha chea de preguntas en poucas páxinas que atrapan a cobiza da lectura: «A soidade do asasino, de Carlos Reigosa. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre a obra de teatro A soidade do asasino, de Carlos Reigosa.   A soidade do asasino Carlos G. Reigosa é o autor desta pequena obra de teatro publicada pola editorial Xerais, A soidade do asasino. Un diálogo entre vítima e asasino, un díalogo de descuberta da realidade, da personalidade, do coñecemento.

Violencia de xénero, homosexualidade, amor e amizade nunha novela que engancha: «Segredos no Solpor», de Iria Misa. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre novela Segredos no Solpor, de Iria Misa. Segredos no Solpor Iria Misa traénos en Segredos no Solpor publicado por Xerais unha historia de fácil lectura que engancha e estou segura gustará ao meu alumnado de 3º da ESO, unha historia que mestura o amor, o misterio e a violencia dexénero.

Un libro para gozar: «Escaquis e Romeu», de Antonio Manuel Fraga. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela infantil  Escaquis e Romeu, de Antonio Manuel Fraga.

Unha moza afouta que ama a natureza na nova conquista de Ledicia Costas: «As peripecias de Extravaganzza Pérez». En Trafegando Ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela As peripecias de Extravaganzza Pérez, de Ledicia Costas.   As peripecias de Extravaganzza Pérez Unha nova conquista de Ledicia Costas para o lectorado infantoxuvenil: unha moza afouta que ama a natureza e preocúpase pola conservación das especies, desas que están enperigo de extinción pola man do home.

Un libro sorprendente, lonxe do politicamente correcto, que non deixa títere con cabeza: «Noites de safari», de Marleen MaLone. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela Noites de safari, subtitulada «Manual sobre amantes desorientados», de Marleen MaLone.   Noites de safari Tiña moitas ganas de ler este libro porque, sinceramente, cáeme moi ben Iolanda Zúñiga, no pouco que puiden coñecela, e gústame sguila no Facebook.

Un libro que consegue dar a coñecer a María Victoria Moreno: «A muller que durmía pouco e soñaba moito», de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre. En Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o libro María Victoria Moreno: A muller que durmía pouco e soñaba moito, de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre. María Victoria Moreno María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito é un xeito fantástico de coñecer a autora, de saber dela, da súa obra, da súa vida, das súas inquedanzas.

Resistir a incomprensión da sociedade: «Pioneiras», de Anaír Rodríguez e Nuria Díaz. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o álbum ilustrado Pioneiras, Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez Rodríguez, ilustrado por Nuria Díaz.   Pioneiras Supuxo unha especial ledicia recibir este libro: Pioneiras. Galegas que abriron camiño que vén de publicar a editorial Xerais con textos de AnaírRodríguez e ilustracións de Nuria Díaz.

Para esa franxa de idade que ama a aventura por riba de todo: «Os Megatoxos e a batalla de Rande», de Anxo Fariña. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre libro Os Megatoxos e a batalla de Rande, de Anxo Fariña.   Os Megatoxos e a batalla de Rande Volve Anxo Fariña e volven Os Megatoxos da man de Xerais. Desta volta, o título que temos entre as mans é Os Megatoxos e a batalla de Rande, para así coñecer a batalla que tivo lugar o 23 de outubro de 1702 nas augas da ría de Vigo.

Unha nova aventura: «O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas», de Iago López. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o álbum ilustrado O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas, de Iago López, ilustrado por Macus Romero. O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas  Xa coñecemos ao Cociñeiro Martiño. E agora temos unha nova aventura, da man de Xerais.