Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: transexualidade

Eva Mejuto: «Ser distinto dá medo porque nos obriga a enfrontarnos a moitas cousas»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Borja Casal / HJP á escritora Eva Mejuto sobre a súa novela 22 segundos. (Foto: Ramón Leiro / La Voz de Galicia)   «Ser distinto dá medo» A autora aborda a transexualidade nunha novela dende o ámbito do cotián e cunha linguaxe clara e directa Eva Mejuto (Sanxenxo, 1975) vén de publicar a súa primeira novela xuvenil con Xerais, 22 segundos.

Eva Mejuto: «A miña novela está chea do testemuño real de moita xente»

 O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista coa escritora Eva Mejuto sobre a súa novela 22 segundos. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Eva Mejuto: «A transexualidade na infancia e adolescencia estaba ausente da literatura»

O Diario Cultural da Radio Galega publicou unha entrevista de Ana Romaní á escritora Eva Mejuto sobre a súa novela 22 segundos. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Xa é hora de existir: «22 segundos», de Eva Mejuto. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou recolle no seu blog unha recensión crítica que publicou no Diario de Pontevedra sobre a novela 22 segundos, de Eva Mejuto. Un sorriso no peito UNHA VEZ máis, a literatura afonda alí onde á vida lle custa explicarse.

Mostrar a pluralidade e a diversidade: «22 segundos», de Eva Mejuto. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela 22 segundos, de Eva Mejuto. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha novela necesaria: «22 segundos», de Eva Mejuto. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela 22 segundos, de Eva Mejuto.   Recensión: Eva Mejuto, «22 segundos» Dentro da semana mundial do orgullo LGTBI non hai mellor forma de falar dun tema necesario no mundo actual que non sexa a través da literatura.

Un tema necesario: «22 segundos», de Eva Mejuto. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela 22 segundos, de Eva Mejuto.   22 segundos Cando remata o curso síntome tan cansa que non teño nin folgos para ler, e temo que esa “crise lectora” perdure. Pero lin 22 segundos dun grolo, así que teño a esperanza de dala por rematada.

A realidade enriba da mesa: «22 segundos», de Eva Mejuto. Crítica de Eli Ríos

Eli Ríos publicou en A Sega unha recensión sobre a novela 22 segundos, de Eva Mejuto.   «22 segundos», por Eli Ríos “O que non se di é coma se non existise, dixéralle o avó un día, e xa ían sendo horas de existir. Alex, ata o de agora, só vivira de portas para dentro” ( p.9). Estas primeiras liñas coas que comeza a novela de Eva Mejuto xa nos sitúan nunha temática de “portas para dentro”.

A visibilización dun colectivo de persoas silenciado: «22 segundos», de Eva Mejuto. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela 22 segundos, de Eva Mejuto.   «22 segundos» de Eva Mejuto, presentación en Pontevedra Magnífica e emocionante resultou a presentación de 22 segundos, a primeira novela de Eva Mejuto, celebrada onte na Casa da Luz no marco das actividades do Free Live Orgullo Pontevedra e do Día Internacional do Orgullo LGTBI.

Novidade: «22 segundos», de Eva Mejuto. A infancia e adolescencia dun mozo transexual relatadas en primeira persoa

A novela 22 segundos, de Eva Mejuto, é unha novidade da colección Fóra de Xogo. O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase.”Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida.