Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: tvg

Os lugares da infancia. Entrevista de María Solar a Manuel Rivas no Zig zag da TVG sobre «As voces baixas»

O programa da TVG Zig-zag diario, que presenta a xornalista María Solar, entrevistou a Manuel Rivas sobre a súa última novela, As voces baixas.

Pemón Bouzas entrevista a Fran Alonso no programa Eirado da TVG sobre a súa novela «A punta de pistola»

O programa da TVG O Eirado, que dirixe o xornalista Pemón Bouzas emitiu unha entrevista a Fran Alonso sobre a súa novela A punta de pistola, Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia.

Unha viaxe polo interior de África. Entrevista de María Solar a Marcos Calveiro por «Palabras de auga»

O programa da TVG Zig-zag diario, que presenta a xornalista María Solar, entrevistou a  Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012 por  Palabras de auga.

«A narrativa mariña», de Gonzalo López Abente, no Zig Zag da TVG e no blog de Miro Villar

O blog As Crebas, de Miro Villar faise eco da emisión, no programa Zig Zag Diario, da TVG, do espazo «Cada día un libro», que nesta ocasión foi dedicado ao libro A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente, en edición de Suso Sambade. Reproducimos o vídeo do Zig Zag (a emisión vai do minuto 08:15 ata o 09:05) e mais o texto do blog de Miro Villar.

A Galicia castrexa na presentación de «As meigas de Lupa». Vídeo da TVG

A TVG emitiu unha reportaxe de dous minutos sobre a presentación de As meigas de Lupa, de María Solar.

«As rapazas de Xan», a primeira novela de Manuel Iglesias Turnes, en ZigZag Diario, da TVG

Jonathan Dunne, autor da «Anthology of galician literature / Antoloxía da literatura galega», entrevistado no programa «Ben falado!» da TVG

Este pasado marte, Jonathan Dunne, autor da antoloxía Anthology of galician literature / Antoloxía da literatura galega 1196-1981, foi entrevistado no programa da TVG Ben falado!, que dirixe Xesús Ferro Ruibal, onde falou da antoloxía e da proxección exterior da literatura galega. A entrevista pode ser visionada aquí.

«O Club da calceta», estrea na G2

[kml_flashembed movie=”https://www.youtube.com/v/VyZiUIYAjk4″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Mañá, 29 de decembro, ás 22:24 horas, emitirase sen cortes publicitarios na G2 (TDT) a película O club da calceta de Antón Dobao.

Emilio Alonso no derradeiro programa de «Libro Aberto»

No derradeiro programa de «Libro aberto» participará Emilio Alonso que falará da súa novela Mercurio nas instalacións do Círculo das Artes de Lugo. Esta derradeira entrega do único programa de libros existente na TVG emitirase mañá, martes 15 de decembro, despois da película da noite e na G-2 (TDT) o mércores, 16 de decembro, ás 20:00 horas.

Luís Rei Núñez en «Libro aberto»

A redacción do programa «Libro aberto» de TVG entrevistou ao escritor Luís Rei Núñez, con motivo da publicación de Monte Louro, novela gañadora do Premio Blanco Amor 2009. O programa pode verse de novo hoxe, ás 20:00 horas na G-2 (TDT). O programa pode verse aquí. Monte Louro, recentemente reeditado, será presentado o vindeiro venres, 27 de novembro, na Casa da Cultura de Muros.

Rosa Aneiros en «Libro Aberto»

Esta noite, despois da película, no programa «Libro Aberto» da TVG Rosa Aneiros presentará Sol de Inverno. A entrevista coa autora do Premio Xerais realizouse no faro de Fisterra. Ademais, o programa noutra reportaxe repasará os trinta anos de historia de Xerais. O programa emítese, tamén, o mércores na G-2 (TDT) ás 20:00 horas.

Carlos Reigosa esta noite en «Libro aberto»

Carlos Reigosa esta noite en «Libro aberto»

Carlos Reigosa visita esta noite o programa «Libro aberto» (TVG, 00,30 horas) para falar da súa novela máis recente, A vida do outro, premio Torrente Ballester 2008.