Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: tvg

Agustín Fernández Paz en «Libro aberto»

Agustín Fernández Paz en «Libro aberto»

Agustin Fernández Paz visita esta noite o programa Libro aberto (TVG, martes 15 de setembro, 0:15 horas) para presentar Lúa do Senegal, a súa novela máis recente.

Estíbaliz Espinosa en “Libro Aberto”

Estíbaliz Espinosa en “Libro Aberto”

Esta noite no programa Libro Aberto da TVG (0:30 horas), Estíbaliz Espinosa falará sobre o seu poemario Zoommm. Textos biónicos no que aborda a orixe de vida. O programa será emitido, tamén, o luns 1 de xuño, ás 23:30 horas pola G-2 (TDT).

As nosas novidades en “Libro Aberto” na TVG

As nosas novidades en “Libro Aberto” na TVG

Hoxe no programa Libro Aberto da TVG, que se emite hoxe ás 0:45 horas e que tamén se poderá ver  na G-2 (TDT) o luns 25 ás 23:30 horas, inclúese contidos referidas aos recentes lanzamentos de Xerais. Ao comezo do programa, que se gravou nas instalacións da Fundación 10 de marozo, entrevístase a  Xosé Fernández Ferreiro, con motivo da aparición da súa décimo sexta novela, Tempo de centeo.

Xosé Ramón Pena está noite en «Libro Aberto»

Xosé Ramón Pena está noite en «Libro Aberto»

Xosé Ramón Pena será entrevistado esta noite por Manolo Romón no programa «Libro Aberto» de TVG con motivo da publicación da súa novela A batalla do paraiso triste. A entrevista foi gravada no Museo Galego de Arte Contemporánea de Santiago e será emitida na noite do domingo a partir das 1:45 da madrugada. Ademais, no programa, Xavier del Valle Inclán falará de Fendas abertas.

Manuel Rivas entrevistado en «Libro aberto»

Manuel Rivas entrevistado en «Libro aberto»

Manuel Rivas foi entrevistado no primeiro programa da tempada de Libro aberto, o programa de libros da TVG. Manuel Romón e Rivas conversaron arredor da aparición d’ Os Grouchos.