Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: tvg

Unha historia escura e opresiva, que fala do amor, a vinganza, a traizón e a morte desde unha forte raizame poética: «A crueldade de abril», de Diego Ameixeiras, no espazo da TVG «Cada día un libro»

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á novela A crueldade de abril, de Diego Ameixeiras. O espazo pode verse nesta ligazón.

A precuela de «A filla do ladrón de bicicletas» tamén é unha homenaxe ao circo, un canto á liberdade: «A noite das bicicletas», de Teresa González Costa, no espazo «Cada día un libro» da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á obra infantil A noite das bicicletas, de Teresa González Costa, ilustrado por Jacobo Fernández Serrano. O espazo pode verse nesta ligazón.

Héctor Cajaraville: «Frei Rosendo Salvado foi o primeiro valedor dos aborixes australianos.» Reportaxe en «ZigZag Diario» sobre «Nova Nursia»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha reportaxe sobre a novela Nova Nursia, de Héctor Cajaraville. A reportaxe pode verse nesta ligazón.

Diego Ameixeiras: «A novela negra non é só a policíaca ou a de detectives; é unha posición moral, un xeito de reflexionar sobre a sociedade a través da violencia.». Entrevista en «ZigZag Diario»

No programa Zig-Zag da TVG entrevistaron o escritor Diego Ameixeiras con motivo da publicación da novela A crueldade de abril. A entrevista pode verse nesta ligazón.

El Hematocrítico: «Gustounos a idea de que os personaxes dos contos tradicionais interactuasen entre eles, e repetimos.» Reportaxe no espazo da TVG «ZigZag Diario»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha reportaxe sobre a obra infantil O lobo con botas, de El Hematocrítico, traducido por Anaír Rodríguez e con ilustracións de Alberto Vázquez. A reportaxe pode verse nesta ligazón.

Un paseo meditado polas rúas da cidade antiga e unha vindicación da memoria cidadá: «Camiñar o Vigo vello», de Pedro Feijoo. Reportaxe en «ZigZag Diario»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha reportaxe sobre Camiñar o Vigo vello, de Pedro Feijoo. A reportaxe pode verse nesta ligazón.

Siro: «Os lectores que se acheguen a esta obra descubrirán que a caricatura non é unha arte menor.» Entrevista en «ZigZag Diario» sobre «Falemos de caricatura»

No programa ZigZag Diario da TVG entrevistaron o debuxante Siro López con motivo da publicación do ensaio Falemos de caricatura, realizado en colaboración con Félix Caballero. A entrevista pode verse nesta ligazón.

«Un espazo de confluencia entre as artes plásticas e a poesía.» O libro de poemas «Street Poems» de Fran Alonso, no programa «Cada día un libro» da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao libro de poemas Street Poems, de Fran Alonso. O espazo pode verse nesta ligazón.

Entrevistas aos gañadores dos Premios Xerais 2018 nos programas «ZigZag Diario» da TVG e «Dario Cultural» da RG

Os programas ZigZag Diario (TVG) e Diario Cultural (RG) entrevistaron os gañadores dos Premios Xerais 2018: Emma Pedreira (gañadora do Premio Xerais de Novela con Besta do seu sangue), Carlos Negro (gañador do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil por Aplicación instantánea) e Héctor Cajaraville (gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil por Kusuma).

Fran Alonso: «Sempre estou preocupado por buscar novas formas para a poesía infantil e xuvenil, un dos xéneros historicamente menos renovados.» Entrevista no «ZigZag Diario» sobre «Street Poems»

No programa Zig-Zag da TVG entrevistaron o escritor Fran Alonso con motivo da publicación do libro de poemas Street Poems. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Unha obra que achega o poder da arte da caricatura a través dun dos seus mestres: «Falemos de caricatura», de Siro e Félix Caballero, no espazo «Cada día un libro» da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao ensaio Falemos de caricatura, de Siro e Félix Caballero. O espazo pode verse nesta ligazón.

Unha cidade na que a xente non lía, non falaba e non se divertía: «A biblioteca de Pedrarcana», de Carlos Taboada, no espazo «Cada día un libro» da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao libro infantil A biblioteca de Pedrarcana, de Carlos Taboada. O espazo pode verse nesta ligazón.