Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ulf_de_jakobsland_os_viquingos_en_galicia

Dezaseis títulos publicados por Xerais optan aos Premios da IV Gala do Libro Galego 2019

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) convocan a cuarta edición dos Premios Gala do Libro Galego, que se celebrará sábado 11 de maio de 2019 no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Dazaseis títulos publicados por Xerais están entre as obras finalistas: Ensaio e investigación - Común temos a patria.

Alberto Varela: «Este libro interesa polas poucas referencias que temos de que os viquingos estiveran en Galicia». Entrevista sobre: «Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou nas súa edición La Voz de Carballo unha entrevista de Melissa Rodríguez co deseñador gráfico Alberto Varela Ferreiro, autor do libro: Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Cómics. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Parte da historia de Galicia reflectida nunha nova novela gráfica en galego. «Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia», de Alberto Ferreiro. Noticia na Televisión de Galicia

A Televisión de Galicia emitiu unha noticia sobre o libro: Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia, de Alberto Varela Ferreiro. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Cómics. A información pode verse nesta ligazón.

Un proxecto ambicioso que reflicte a presenza dos viquingos en Galicia: «Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia», de Alberto Varela Ferreiro. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o cómic: Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia, de Alberto Varela Ferreiro. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Cómics.   Ulf de Jakobsland.

Novidade: «Ulf de Jakosland. Os viquingos en Galicia», de Alberto Varela Ferreiro. A historia dos viquingos na Galicia da Alta Idade Media

Ulf de Jakosland. Os viquingos en Galicia, de Alberto Varela Ferreiro, é unha novidade da colección infantil e xuvenil Cómics de Xerais. Finais do século XI. Un vello conde danés, antigo xefe viquingo agora convertido ao cristianismo, arriba ás costas de Faro Brigantium, a primeira etapa da súa peregrinación ata Santiago de Compostela, na terra onde se fixo famoso como guerreiro.