Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: un_dedo_manchado_de_tinta

Manuel Portas presenta «Faneca Brava» na Feira do Libro da Coruña

Manuel Portas presenta «Faneca Brava» na Feira do Libro da Coruña

Manuel Bragado publica no seu blog unha crónica da presentación de Faneca Brava, a novela recente de Manuel Portas, na Feira do Libro da Coruña. No que foi o noso derradeiro serán este ano na Feira do Libro da Coruña, acompañamos a Manuel Portas na presentación de Faneca Brava, a súa novela máis recente.

Manuel Portas: «Dar o salto da docencia á literatura aos 50 anos é unha ousadia pola miña parte»

A edición do Deza de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Ángel Graña a Manuel Portas sobre a súa novela sobre Un dedo manchado de tinta con motivo da súa visita ao IES Pintor Colmeiro.

«Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas: opinión dos estudantes do IES de Silleda

Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis as opinións dos seus alumnos e alumnas sobre Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas.     Un dedo manchado de tinta Comentario de Lucía Silva Este libro gustoume a pesar de que non me enterei de moito, a verdade é que me gustou moito máis o libro de Pedro Feijoo.

Presentación en Padrón de “Un dedo manchado de tinta”

O venres, 16 de decembro, ás 20:00 horas, terá lugar na Libraría Sar, Praza de Macías, 5 de Padrón, a presentación do libro Un dedo manchado de tinta de Manuel Portas.

Presentación en Ourense de “Un dedo manchado de tinta” de Manuel Portas

O xoves, 24 de novembro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación da novela Un dedo manchado de tinta de Manuel Portas na Livraria Torga, rúa da Paz, 12 de Ourense. No acto participarán Manuel Bragado e Manuel Portas. Un dedo manchado de tinta non é unha novela, afirma categórico Gonzalo Salgueiro, ou polo menos non é unha novela ao uso, aclara el mesmo despois. E vai ser que si, que ten razón.

O paso firme dun narrador: Crítica de Gracia Santorum sobre «Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas

Gracia Santorum publica no seu blog, Trafegando ronseis, unha recensión crítica de Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas. Emporcallándonos de tinta Tiven o honor a ser convidada dende a revista “Grial” a falar do libro de Manuel Portas Un dedo manchado de tinta que publicou Xerais.

Fíos invisibles e anónimos: Crítica de Ramón Nicolás sobre «Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas

Fíos invisibles e anónimos: Crítica de Ramón Nicolás sobre «Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas

Ramón Nicolás publicou nas páxinas do suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas.

Presentación de «Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas, en Lugo o próximo venres

Presentación de «Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas, en Lugo o próximo venres

O próximo venres 30 de setembro,  terá lugar en Lugo a presentación do libro  Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas. O acto, que contará coa participación de Xosé Chorén, Manuel Bragado e Manuel Portas, será ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4, Lugo).

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre sobre Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas. Pequenos dramas anónimos Sen prolegómenos e de forma serodia entrou hai un ano Manuel Portas nos eidos da creación literaria. Foi coa súa primeira novela, Denso recendo a salgado, que recibimos   como unha realidade literaria consolidada.

Crítica de Armando Requeixo sobre «Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas

Crítica de Armando Requeixo sobre «Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas. Manuel Portas, de boa tinta Un dedo manchado de tinta, a última entrega narrativa de Manuel Portas, recupera para a cidade de Santiago de Compostela a centralidade da prosa de creación.

Manuel Portas, entrevista en “Xornal de Galicia”

Manuel Portas é entrevistado en Xornal de Galicia por Iago Fandiño con motivo da presentación da súa segunda novela, Un dedo manchado de tinta. A relación de Manuel Portas (Barcelona, 1960) co galego vén de lonxe. Á parte de dedicarse ao ensino de lingua e literatura no instituto Xelmírez I de Compostela no mundo do idioma, desempeñou postos na dirección da Associaçom Galega da Língua.

Hoxe na Feira do Libro da Coruña Portas, Neira Vilas e Alonso Montero

Hoxe na Feira do Libro da Coruña os actos de Xerais estarán protagonizados por Manuel Portas, Xosé Neira Vilas e Xesús Alonso Montero que presentarán as súas novidades no Paseo de Méndez Núñez. Mañá, martes, Agustín Fernández Paz presentará a súa novela máis recente. Día 1 luns de agosto ás 20:00 horas: Presentación Un dedo manchado de tinta de Manuel Portas.  Participan: Manuel Bragado, o autor e o Grupo Loaira.