Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: un_libro_para_cada_día

«Debaixo dun parasol», de Azucena Arias Correa, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á novela infantil Debaixo dun parasol, de Azucena Arias Correa. O programa pode verse nesta ligazón.

«O xogo de Babel», de Elena Gallego Abad, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á novela O xogo de Babel, de Elena Gallego Abad. O programa pode verse nesta ligazón.

«Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz, na sección Un libro para cada día

«Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz, na sección Un libro para cada día

Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz, na sección Un libro para cada día, de A Nosa Terra. Fernández Paz pescuda no seu pasado Agustín Fernández Paz presenta a súa última novela, ‘Non hai noite tan longa’, unha obra narrativa na que o escritor de Vilalba recrea a recente historia de Galiza cun sentido crítico. Edita Xerais.

«O misterio das badaladas», de Xabier P. DoCampo, na sección Un libro para cada día

O misterio das badaladas, de Xabier P. DoCampo.na sección Un libro para cada día, de A Nosa Terra. Reedítase un gran clásico da literatura infantil ‘O misterio das badaladas’ estrea colección e editora. Xerais publica o gran clásico infantil de Xabier P. DoCampo 25 anos despois da súa primeira edición. O misterio das badaladas foi un dos títulos máis identificativos da editora Vía Láctea na década do 1980.

«Amaranta, a carteira saramaganta», de Mau e Pin, na sección Un libro para cada día

Amaranta, a carteira saramaganta, de Mau e Pin. na sección Un libro para cada día, de A Nosa Terra. Os cativos coñecen a natureza galega Amaranta, a carteira saramaganta é a última entrega da colección sobre Galiza de Mau e Pin. Nesta ocasión, os primeiros lectores aprenden máis sobre a nosa natureza. A saramaganta é un anfibio que só se encontra na histórica Galaecia.

«A princesa Sabela», de Cornelia Funke, na sección Un libro para cada día

A princesa Sabela, de Cornelia Funke, na sección Un libro para cada día, de A Nosa Terra. Cornelia Funke para primeiros lectores Cornelia Funke é unha das autoras máis famosas no mundo da literatura infantil e xuvenil. ‘A princesa Sabela’, que agora publica Xerais, é un conto pensado para os cativos da casa que xa dominan as letras pero aínda non se atreven con textos demasiado longos.

«As palabras que move o mar», de Xaime Toxo, na sección Un libro para cada día

As palabras que move o mar, de Xaime Toxo, na sección Un libro para cada día, de A Nosa Terra. O debú serodio de Xaime Toxo Xaime Toxo presenta o seu primeiro libro, ‘As palabras que move o mar’, un conxunto de catro relatos longos que publica Xerais. As palabras que move o mar supón o debú narrativo de Xaime Toxo (Bueu, 1955) tras varios premios de narrativa breve.

«A chamada da selva», de Jack London na sección Un libro para cada día de ANT

A chamada da selva, de Jack London, na sección Un libro para cada día, de A Nosa Terra Aínda non sabes quen é o cadelo Buck? Redacción. Xerais reedita o clásico xuvenil de Jack London ‘A chamada da selva’, que conta a historia dos buscadores de ouro en Alaska a finais do século XIX. Aventuras contadas desde o punto de vista do can Buck.