Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: un_peixe_no_parqué

Tempo libre para dedicar á lectura con: «Infamia», de Ledicia Costas; e «Un peixe no parqué», de Ramón Vilar Landeira. Anotación no Sermos Galiza

O xornal Sermos Galiza publicou unha reportaxe de Daniel Salgado na que recomenda dez libros para o verán, con mención a dous títulos publicados por Xerais: Un peixe no parqué, de Ramón Vilar Landeira e Infamia, de Ledicia Costas.   Infamia e Un peixe no parqué, dous libros para dedicar o tempo libre á actividade lectora Tempo libre e tempo (atmosférico) favorábel.

Unha vintena de relatos que recuncan na reflexión sobre o baleiro existencial da modernidade: «Un peixe no parqué», de Ramón Vilar Landeira. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Un peixe no parqué, de Ramón Vilar Landeira. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Actos de Xerais na Praza dos Libros de Carballo 2019

Do 11 ao 14 de xullo de 2019 terá lugar unha nova edición da Praza dos Libros de Carballo na que está programado un amplo programa no que participarán autoras e autores do catálogo de Xerais: Xoves 11, ás 21:00 horas: Presentación do libro As mulleres da fin do mundo de Daniel Asorey. Presenta Manuel Rey Pan.

Ramón Vilar Landeira: «Sen soños é imposible vivir». Entrevista no Diario Cultural sobre: «Un peixe no parqué»

O programa Diario Cultural, da Radio Galega, emitiu unha entrevista co escritor Ramón Vilar Landeira sobre o libro: Un peixe no parqué. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Ramón Vilar Landeira: «As historias do libro teñen unha base real, pero están peneiradas pola ficción». Entrevista no xornal «La Voz de Carballo» sobre: «Un peixe no parqué»

O xornal La Voz de Carballo publicou unha entrevista de Marta López a Ramón Vilar Landeira sobre o libro: Un peixe no parqué, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «Un peixe no parqué», de Ramón Vilar Landeira. Un atlas de vidas en combustión a medio camiño entre a novela e o libro de relatos

Un peixe no parqué, de Ramón Vilar Landeira, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Un peixe no parqué é un atlas de vidas en combustión, de faíscas acesas debaixo da borralla.