Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: un_rato_díxolle_á_lúa

Antonio García Teijeiro estará este sábado día 29 no Lendo Contigo, en Gondomar, con «Un rato díxolle á lúa»

Un rato díxolle á lúa, a antoloxía da poesía de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas, con música de Paco Ibáñez, centrará o próximo sábado 29 de marzo a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, e contará coa presenza do autor na Biblioteca de Gondomar.

Os libros finalistas dos Premios Ánxel Casal da Edición 2014

A Asociación Galega de Editores fixo públicos os libros finalistas dos Premios Ánxel Casal da Edición, galardóns que pretenden recoñecer o traballo realizado polos editores galegos ao longo do ano. A presentación de candidaturas e a primeira votación é realizada polos editores e, posteriormente, de entre os libros e proxectos finalistas, o xurado delibera e decide os premiados de cada unha das categorías.

O Top 10 de Ramón Nicolás. Os mellores libros do 2013

O crítico Ramón Nicolás publico na revista Biblios. Clube de Lectores unha listaxe co seu Top 10 das mellores novelas do ano 2013. Entre elas, as publicadas por Xerais son as seguintes:   1. Costa do Solpor  de Xosé Mª Lema. Un autor que se incorpora serodiamente ao campo da narrativa galega e que o fai con extraordinaria competencia e, manexando unha oceánica documentación, devolve o gusto pola narrativa de aventuras. 2.

Os Premios Fervenzas Literarias 2014 poñen en valor a Xerais e os seus libros e autores e autoras

  A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos internautas e lectores do portal a través de 439 fichas de votación. Esta é unha fermosa iniciativa que dá pé á participación e á opinión dos lectores e lectoras, a quen agradecemos os excelentes resultados obtidos polos libros publicados pola editorial.

A extraordinaria capacidade lírica de Antonio García Teijeiro: «Un rato díxolle á lúa». Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Un rato díxolle á lúa, a antoloxía da poesía de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas, con música de Paco Ibáñez.

Goce estético: «Un rato díxolle á lúa«, de Antonio García Teijeiro. Artigo de Xosé Carlos Caneiro

Xosé Carlos Caneiro abordou no seu artigo o libro Un rato díxolle á lúa, unha antoloxía da poesía de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas, con música de Paco Ibáñez. Para Caneiro este libro é un «goce estético ao que só acaen epítetos espléndidos». Pode lerse aquí o artigo completo.

Un libro fermoso: «Un rato díxolle á lúa», de Antonio García Teijeiro. Crítica en La Página escrita

O numero de outubro da revista La Página escrita publicou unha recensión crítica de Gabriel Miral sobre Un rato díxolle á lúa, a antoloxía poética de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas, con música de Paco Ibáñez. A recensión pode lerse neste enlace.

Reportaxe sobre «Un rato díxolle á lúa», de Antonio García Teijeiro, no ZigZag da TVG

Un rato díxolle á lúa, a antoloxía poética de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas, con música de Paco Ibáñez centra unha das reportaxes da edición do programa cultural da TVG ZigZag. A reportaxe, que inclúe imaxes de García Teijeiro recitando con Paco Ibañez, pode verse a partir do minuto 17,35 neste enlace.

«Un rato díxolle á lúa», de Antonio García Teijeiro, en Poesía, e «Inmateriais», de Suso de Toro, en Ensaio, encabezan os libros máis vendidos

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha nova listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos da información proporcionada por 13 librarías. Un rato díxolle á lúa, de Antonio García Teijeiro, en Poesía, e Inmateriais, de Suso de Toro, en Ensaio, encabezan os libros máis vendidos. O resto dos títulos poden consultarse aquí.

Antonio García Teijeiro: «Se non hai mediadores que os contaxen, os nenos non chegarán á poesía». Entrevista sobre «Un rato díxolle á lúa» e a presentación de mañá

O Faro de Vigo publica unha entrevista de Amalia Mauleón a Antonio García Teijeiro a raíz da publicación da antoloxía da súa poesía Un rato díxolle á lúa, feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas, que vai acompañada dun CD de Paco Ibáñez e que se presenta mañá en Vigo coa presenza do cantautor.

Presentación en Vigo de “Un rato díxolle á lúa” de Antonio García Teijeiro

O martes, 28 de maio, ás 20:00 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27 de Vigo, terá lugar a presentación do libro Un rato díxolle á lúa de Antonio García Teijeiro. No acto participarán Román Raña, Fran Alonso (antólogo), Xosé Cobas (ilustrador), Manuel Bragado e o autor e contará coa actuación musical de Paco Ibáñez que musicou varios poemas incluídos no CD que acompaña o libro.

Novidade: «Un rato díxolle á lúa», antoloxía da poesía de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso

Un rato díxolle á lúa é unha antoloxía da poesía de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas. Vai acompañada dun CD de Paco Ibáñez. Un rato díxolle á lúa é a caixa dos tesouros da poesía de Antonio García Teijeiro.