Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: unha_estrela_no_vento

«Mulleres revolucionarias, rebeldes e empoderadas protagonizan as novelas dunha autora que xa se converteu nun referente da literatura galega.» Anotación de Manuel Bragado sobre a presenza feminina na obra de Ledicia Costas

Manuel Bragado publicou no blog Brétemas unha anotación sobre a conversa na Feira do Libro de Vigo entre a escritora Ledicia Costas e Fran Alonso, director de Xerais, sobre as personaxes femininas nas obras da autora viguesa (Imaxe: bretemas.

Ledicia Costas: «Escribín ‘O corazón de Xúpiter’ con moita intensidade e moita ilusión». Entrevista de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha entrevista con Ledicia Costas.     Parlamento das Letras Ledicia Costas A escrita de Ledicia Costas bebe a escuma dos días, sabe da cicatriz atlántica, de Vigo ata Cabral, e coñece ben a revolución dos ciclos, os simios aparentes, o ludismo das palabras que se ocultan e os corazóns que latexan siderais.

Vídeo de Ledicia Costas falando de «O corazón de Xúpiter» e «Unha estrela no vento» no IES Pintor Laxeiro

O blog Trafegando ronseis publica un vídeo dunha entrevista a de Ledicia Costas falando dos seus libros O corazón de Xúpiter e Unha estrela no vento.   Con Ledicia Costas Non publicaramos aínda (perdoade, por favor) nada sobre a visita que Ledicia Costas realizou no IES Pintor Colmeiro de Silleda.

«Unha estrela no vento» de Ledicia Costas

[Unha estrela no vento] A novela de Ledicia Costas segue a ser unha das lecturas preferidas polos rapaces e rapazas dos primeiros cursos da ESO e tamén polos membros do Clube da Lectura. Está é unha historia que conta a vida dun rapaz de dezasete anos que se chama Miguel Foz. O protagonista na casa cos seus pais e súa irmá pequena Paula e aínda vai ao instituto.