Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: unha_historia_que_non_vou_contar

«Unha historia que non vou contar», de Cid Cabido, no blog Momificaciones

O blog Momificaciones inclúe unha valoración da novela Unha historia que non vou contar, de Cid Cabido.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Unha historia que non vou contar», de Cid Cabido

O crítico Francisco Martínez Bouzas recolle no seu blog unha recensión que publicara hai algún tempo sobre Unha historia que non vou contar, de Cid Cabido. Reproducimos algúns parágrafos: (…) A novela abéiranos ás figura dun escritor, un tipo raro, “incomunicativo” e cun alto nivel de nugalla que, a finais do 2005, comeza  a investigar un crime cometido en Vigo e que circulou como lenda urbana no ano 1974.

Cid Cabido estará hoxe en Gondomar con «Unha historia que non vou contar» da man de Espazo Lectura

O escritor Cid Cabido estará esta tarde en Gondomar, participando nunha sesión do Club de lectura Sete Vidas, organizado por Espazo Lectura, que se celebra arredor do seu libro Unha historia que non vou contar. A sesión terá lugar ás 20,00 horas, na Biblioteca de Gondomar e o encontro co autor ás 21 horas no mesmo lugar. A partir dese momento, será o propio autor quen comparta as impresións dos lectores e lectoras sobre o libro.

Cid Cabido, pregón na Feira do Libro de Vigo

Cid Cabido, pregón Feira do Libro de Vigo, 2 de xullo de 2010 from Manuel Bragado on Vimeo.

Feira do Libro de Vigo, actos de Xerais na primeira fin de semana

Mañá, venres, 2 de xullo, inaugúrase a Feira do Libro de Vigo, que se celebrará na praza de Compostela, co pregón que pronunciará ás 20:00 horas o escritor Cid Cabido, autor d’ Unha historia que non vou contar, Premio ao mellor libro de Narrativa do ano 2009 da Asociación de Escrtiores en Lingua Galega.

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Xerais adianta a relación das presentacións que ten previsto realizar na Feira do Libro de Vigo, que se celebrará na Praza de Compostela do 2 ao 11 de xullo. A estes actos engadiranse diversas asinaturas de autores e autoras que anunciaremos nos vindeiros días.

«Unha historia que non vou contar» recomendada por Eduardo Rolland

NOVELA HISTÓRICA Recomiendo vivamente Unha historia que non vou contar, de Cid Cabido. Es una novela estupenda y, para un vigués, una gozada. A través del asesinato de un empresario de la conserva, retrata el Vigo de los años 70, una ciudad irreal, donde la sardinocracia y el franquismo daban sus últimos coletazos.

«Unha historia que non vou contar» de Cid Cabido, recomendada no blog «Ler e ver»

Hoxe vou comentar outra novela en galego, non por nada, pero teño un amigo que ultimamente déixame algunha de vez en cando das que lle gustan a el ou que pensa que poden gustarme e, a verdade, é que sempre acerta porque todo o que teño lido a través del resultoume máis que agradable de ler.

«Unha historia que non vou contar»

Hai días que o rematei, pero queria deixar un pouso-repouso antes de pensar nel para anotar. Queda por ver se o importante é a anécdota, ou a historia de fondo é o que se pode contar dende unha novela. Se empregáramos os criterios dos críticos de videoxogos dos tempos do spectrum diríamos que é ben adictiva. E tamén pode ser desas novelas que fan que, cando pasemos por lugares habituais, pensemos neles doutra forma.

Xerais obtén catro dos Premios AELG 2010

Nunha noite memorable para a editorial, Xerais obtivo catro dos  Premios AELG 2010 fallados na Cea das Letras celebrada onte no Palacio del Carmen de Santiago.

«Unha historia que non vou contar», crítica de Manuel Rodríguez Alonso

CRÓNICA VIGUESA DO TARDOFRANQUISMO A novela que nos ocupa ten o engado de ser unha investigación sobre o Vigo do tardofranquismo a partir da pescuda sobre un asasinato, que conmocionou non só esta cidade, senón a Galicia do ano 72, o que a fai sumamente entretida para o lector, especialmente para o que supera os corenta anos, pois lembra aqueles feitos.

«Unha historia que non vou contar», crítica completa de Xosé Manuel Eyré

Os ratos deixaron o texto publicado en ANT sen parte do seu contido. Por exemplo no inicio, onde salientaba que a historia si se conta, o que pasa é que se conta de maneira que ao autor lle permita sentirse a salvo. E outro tanto pasa no remate. Reivindicar isto, no 2010…Pois si, hai que facelo! Van subliñados e en cursiva, os bocados dos ratos.