Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: unha_primavera_para_aldara

Teresa Moure: «Eu creo que a honestidade da arte está en producir aquilo que queres dicir»

O blog da Biblioteca do IES do Porto do Son publicou unha entrevista en vídeo con Teresa Moure, sobre a súa obra Unha primavera para Aldara, feita por estudantes do centro.     Teresa Moure Teresa en diálogo – que durou ben máis do que vedes, pero xa sen cámaras – cos seus lectores de “Unha primavera para Aldara” na curriña biblioteca do noso liceo.

Rosa Aneiros: «Ás de bolboreta»

Que conta? Na cafetería de Patricia, a Luzada, conflúen cada mañá os camiños polos que transitan os personaxes d’ As de bolboreta. O de Manuel, un neno de orixe africana orfo dobremente ao morrerlle a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó.

«A intervención», nova novela de Teresa Moure, primeiro capítulo

Tras a aclamadísima Herba moura, pola que obtivera o Premio Xerais de novela 2005, Benquerida catástrofe e Unha primavera para Aldara, volve aos andeis das librarías Teresa Moure con A intervención, unha novela na que aborda as relacións entre as artes e a natureza, cuestión que xa esculcara no seu ensaio máis recente O natural é político.

«Unha primavera para Aldara», edición en Fóra de Xogo

«Unha primavera para Aldara», edición en Fóra de Xogo

Na terceira semana deste mes de setembro chegará as librarías a edición de Xerais d’Unha primavera para Aldara , a recoñecidísima peza teatral de Teresa Moure, coa que Teatro do Atlántico percorreu os escenarios do país. Unha primavera para Aldara de Teresa Moure é unha peza teatral que se desenvolve no interior dun mosteiro, na Galicia do século XV.

«O libro das viaxes imaxinarias», premio AELG 2009

«O libro das viaxes imaxinarias», premio AELG 2009

No seo da cea anual organizada en Santiago por AELG foron entregados os premios AELG á mellor produción literaria do ano 2008. Entre as numerosas obras finalistas editadas por Xerais, O libro das viaxes imaxinarias de Xabier DoCampo, ilustrado por Xosé Cobas, resultou o gañador na categoría do mellor libro infantil e xuvenil.

Finalistas premios AELG2008

Déronse a coñecer hoxe as obras finalistas dos premios AELG as mellores obras literarias do pasado ano 2008. En case todas as categorías son numerosas as obras editadas pola editorial.  Os membros da AELG poderán emitir o seu voto ata o 5 de maio. Literatura infanto-xuvenil (Aelg-Gálix): 1. A Cabeza de Medusa, Marilar Aleixandre 2. Caderno de animalista, Antón Fortes Torres 3. Fume, Antón Fortes Torres 4.