Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: unha_rosa_é_unha_rosa

Os booktubers do IES Laxeiro recomendan lecturas

Desde a biblioteca do IES Laxeiro de Lalín, tres estudantes recomendan cadanseu libro para ler: a novela Recinto Gris, de Ledicia Costas; a obra de teatro Unha rosa é unha rosa, de  Suso de Toro; e Marta ante o espello, de Teresa Calo Fontán.

«Unha rosa é unha rosa», de Suso de Toro: máis de 30 opinións dos estudantes do IES de Lalín

Gracia Santorum publicou no blog As estelas dos ronseis máis de 30 opinións dos seus alumnos e alumnas de 3º da ESO sobre a obra de teatro Unha rosa é unha rosa, de  Suso de Toro. As opinións dos/as estudantes poden lerse neste enlace.

Aula Suso de Toro no IES de Silleda. Vídeos

O blog Trafengando ronseis publicou dous vídeos relacionados co bautizo dunha aula do IES de Silleda co nome de Suso de Toro.

Os libros de Suso de Toro: opinións dos estudantes do IES de Silleda

Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis máis de 70 opinións dos seus alumnos e alumnas sobre diversos libros de Suso de Toro lidos ao longo dun trimestre. As opinións dos/as estudantes poden lerse neste enlace.

Unha comedia para non deixar de rir: «Unha rosa é unha rosa» de Suso de Toro. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando Ronseis publica unha anotación sobre Unha rosa é unha rosa de Suso de Toro.   Unha rosa é unha rosa Por motivos laborais volvín a esta lectura que tiña medio esquecida de Suso de Toro publicada por Xerais: Unha rosa é unha rosa é unha obra de teatro do ano 1997 que non permite aparcar o sorriso un só momento.