Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: vaia_tropa!

Catro títulos de Xerais para abrirlle a porta á lectura en galego

A fin de facilitar algunhas lecturas en galego que abran portas nestes días complicados, Xerais pon a disposición das familias e do profesorado catro títulos de literatura infantil e xuvenil (un por idade). Son catro atractivos títulos que lles ofrecemos ás lectoras e lectores e aos que se pode acceder en rede a través da plataforma ISSU.

«Vaia tropa» de Antón Cortizas e «Vento galerno», de Antonio Yáñez, presentados en Ferrol

«Vaia tropa» de Antón Cortizas e «Vento galerno», de Antonio Yáñez, presentados en Ferrol

Manuel Bragado, director de Xerais, comenta en Brétemas  o acto de presentación dos libros  Vaia tropa!, de Antón Cortizas, e Vento galerno, de Antonio Yáñez Casal, na Feira do Libro de Ferrol.

Antón Cortizas estará no Lendo Contigo, en Gondomar, mañá sábado con «Vaia tropa!»

Antón Cortizas estará no Lendo Contigo, en Gondomar, mañá sábado con «Vaia tropa!»

O libro Vaia tropa! de Antón Cortizas, centrará este sábado 24 o Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, e contará coa presenza do autor na Biblioteca de Gondomar. Antón Cortizas, no Lendo Contigo deste sábado O sábado 24 de marzo, a partir das 12:00 horas, terá lugar na Biblioteca de Gondomar a sesión mensual do Lendo Contigo, dedicado a nenos e nenas de 8 a 12 anos, e seus pais e nais.

Guía de lectura de «Vaia tropa!», de Antón Cortizas, elaborada por Espazo Lectura

Guía de lectura de «Vaia tropa!», de Antón Cortizas, elaborada por Espazo Lectura

O sábado 24 de marzo Espazo Lectura celebrará na Biblioteca Municipal de Gondomar a súa sesión mensual do club de lectura compartida Lendo Contido, dedicada ao poemario Vaia tropa! de Antón Cortizas, durante a que estará presente o autor. Con tal fin, os responsables da asociación elaboraron unha guía de lectura do libro, que reproducimos.

«Vaia tropa!», de Antón Cortizas: intelixencia e enxeño. Crítica de Ramón Nicolás

«Vaia tropa!», de Antón Cortizas: intelixencia e enxeño. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publica no seu blog, Caderno da crítica, unha recensión de Vaia tropa!, o libro de poemas de Antón Cortizas ilustrado por Mª Reyes Guijarro.

O xogo poético, lúdico, do sen sentido, preside «Vaia Tropa!», de Antón Cortizas. Crítica de Paula Fernández

O xogo poético, lúdico, do sen sentido, preside «Vaia Tropa!», de Antón Cortizas. Crítica de Paula Fernández

Paula Fernández publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica de Vaia tropa!, o libro de poemas de Antón Cortizas ilustrado por Mª Reyes Guijarro.   Xogo poético Humor fundamental Vaia tropa! é un xogo poético do sen sentido, do lúdico que ten o absurdo, plasmado en pequenos poemas de formas diversas acompañados das singulares ilustracións de Mª Reyes Guijarro (Sevilla, 1975).

Entrevista con Antón Cortizas sobre «Vaia tropa!»: «Algúns versos lense do revés, do dereito, de arriba a abaixo ou de esguello»

O Diario de Ferrol publicou unha entrevista de M. J. Rico con Antón Cortizas sobre Vaia tropa!.   «Ós nenos gústalles a poesía, entenden as metáforas e os ritmos» Antónb Cortizas publica Vaia tropa!, un libro de poemas e xogos visuais inspirado nos limericks —Vaia tropa!, é un proxecto recente? —Este libro leva feito dez ou once anos pero non sei que fado ocorreu que quedou así, sen editar..

«Vaia tropa!», de Antón Cortizas: poemas para ler de esguello ou que precisan dun espello

«Vaia tropa!», de Antón Cortizas: poemas para ler de esguello ou que precisan dun espello

El Correo Gallego inclúe hoxe unha recensión de Isabel Soto sobre Vaia tropa! de Antón Cortizas.

A tropa poética de Antón Cortizas. Crítica de Armando Requeixo sobre «Vaia tropa!»

Armando Requeixo publica no seu blog unha recensión crítica de Vaia tropa!, un libro de poemas de Antón Cortizas ilustrado por Mª Reyes Guijarro. Tropa poética Antón Cortizas, vello coñecido do público infantoxuvenil, acaba de publicar Vaia tropa!, aparecido na colección Merlín de Edicións Xerais de Galicia, na que xa figuraban anteriores títulos seus como o memorable A merla de trapo (2001).

«Vaia tropa», de Antón Cortizas, unha novidade da colección Merlín

Vaia tropa!, un libro de poemas de Antón Cortizas ilustrado por Mª Reyes Guijarro, é unha das novidades da colección Merlín para o mes de novembro. Vaia tropa! é un libro de poesía do absurdo, do sen sentido, e está pensado para ser lido de formas diversas. Hai poemas que terás que ler de esguello e noutros precisas usar un espello e así poder ler do verso o reflexo.