Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: valados

Recomendación de «Valados», de Agustín Fernández Paz, en Trafegando ronseis

Trafegando ronseis publicou unha anotación cun vídeo no que unha estudante recomenda o libro Valados, de Agustín Fernández Paz. Lendo Valados En 21 días co galego, esa tan estupenda iniciativa do IES da Pobra do Caramiñal, pedíronme que mandase un vídeo cun alumno ou alumna despois de ler unha obra de Agustín Fernández Paz.

«Valados», de Agustín Fernández Paz, centrará o sábado o Club Lendo Contigo de Espazo Lectura en Gondomar

O libro Valados, de Agustín Fernández Paz, centrará mañá sábado 28 de xaneiro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura e servirá de pequena homenaxe ao autor. O libro está ilustrado por Fino Lorenzo e publicado na colección Merlín.

«Valados», de Agustín Fernández Paz, en italiano

A tradución ao italiano de Valados, de Agustín Fernández Paz, acaba de facer a súa aparición nas librarías baixo o título de Il cielo non ha muri, da editorial Piemme.

Vídeo sobre «Valados», unha obra de teatro de Artestudio baseada no libro homónimo de Agustín Fernández Paz

Reproducimos o vídeo de Valados, unha obra de teatro de Artestudio baseada no libro homónimo de Agustín Fernández Paz. Esta é a historia de Helena e Xoel.

Feira do Libro de Vigo, actos de Xerais na primeira fin de semana

Mañá, venres, 2 de xullo, inaugúrase a Feira do Libro de Vigo, que se celebrará na praza de Compostela, co pregón que pronunciará ás 20:00 horas o escritor Cid Cabido, autor d’ Unha historia que non vou contar, Premio ao mellor libro de Narrativa do ano 2009 da Asociación de Escrtiores en Lingua Galega.

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Xerais adianta a relación das presentacións que ten previsto realizar na Feira do Libro de Vigo, que se celebrará na Praza de Compostela do 2 ao 11 de xullo. A estes actos engadiranse diversas asinaturas de autores e autoras que anunciaremos nos vindeiros días.

Blanca Roig escribe sobre «Lúa do Senegal» de Agustín Fernández Paz

Blanca Ana Roig Rechou, profesora da USC, inaugura en El Correo Gallego a súa sección sobre Literatura Infantil e Xuvenil cun formidable artigo sobre Lúa do Senegal, a novela de Agustín Fernández Paz, recentemente gañadora do Premio AELG 2010 ao mellor libro infantil e xuvenil de 2010.

«Valados na pel» por Lupe Gómez

Inventamos valados que nos separan dos demais, ou levamos eses muros escritos e debuxados na pel. O escritor galego Agustín Fernández Paz conta moi ben unha historia de separacións dolorosas no seu libro Valados, publicado pola editorial Xerais. A man sincera e honesta do autor vaise pousando neste conto como se fose unha folerpiña de neve. O seu libro resulta moi entretido, moi animado.

«Valados», crítica de Mª Jesús Fernández en «Clij»

Valados, Agustín Fernández Paz Helena e Xoel son dous nenos unidos por unha gran amizade. Non só comparten as horas de clase no colexio, senón que gozan xuntos máis alá do parque á sombra do grande carballo. Viven na mesma vila, mais os seus barrios son moi diferentes. Onde vive Helena, as casas teñen dúas bufardas e xardín traseiro; a rúa de Xoel está na parte baixa, alí as rúas son estreitas e as casas máis antigas.

Finalistas Premios AELG 2010

Recollemos a relación de finalistas dos Premios AELG 2010, que serán fallados o 17 de abril de 2010, no seo da Cea das Letras. Blog Literario A canción do náufrago (http://franciscocastro.blogaliza.org/), de Francisco Castro As uvas na solaina (http://asuvasnasolaina.blogspot.com/), de Marcos Valcárcel Axenda Cultural da AELG (http://axendaaelg.blogaliza.org/), de Algueirada (Acción cultural na rede) Brétemas (http://bretemas.

Encontro virtual con Agustín Fernández Paz

Nas sesións do club de lectura compartida Lendo Contigo de Espazo Lectura un dos elementos máis motivadores e atractivos para os nenos e nenas que participan é poderen establecer un diálogo cos autores e autoras dos libros que len.  Nesta ocasión, o atractivo do encontro con Agustín Fernández Paz, o autor de Valados, tamén estará na fórmula utilizada.

«Valados» recomendado por Trafegando Ronseis

Agustín Fernández Paz demostra en Valados que non son necesarias grandilocuencias nin rimbombancias para denunciar a realidade do noso mundo; ese que nós, os humanos, nos empeñamos en empozoñar cada día, construíndo valados arredor nosa: coa indiferencia, co odio, co medo, co silencio.