Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: veiga

«O profesor de vegliota», crítica en «Culturas»

«O profesor de vegliota», crítica en «Culturas»

Ramón Nicolás publicou o pasado 2 de agosto no suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha crítica sobre O profesor de vegliota, a novela de Manuel Veiga publicada en Xerais Narrativa. reproducimos o texto: METÁFORA DA DESTRUCIÓN.

Un mundo e unha lingua que están a desaparecer

Un mundo e unha lingua que están a desaparecer

Manuel Rodríguez Alonso publica no Cartafol de Vieiros unha crítica sobre O profesor de vegliota, a novela de Manuel Veiga. Recollemos os dous derradeiros parágrafos do texto: Neste mundo de alleados, que desprezan a súa lingua e cultura, que destrúen a súa paisaxe, o profesor de vegliota defende a lingua das sete vogais ou ponlle un nome galego á filla. É un elemento perigoso.

“O profesor de vegliota”, crítica en Protexta

“O profesor de vegliota”, crítica en Protexta

“O profesor de vegliota”, escrita no límite

“O profesor de vegliota”, escrita no límite

Manuel Veiga confesou na presentación d’ O profesor de vegliota que escribiu esta novela no límite, na fronteira do que se podía dicir ou do que se podía pensar sobre a cuestión da desaparición da lingua. “Creo que os grandes libros nacen cando o autor explora os límites, cando trata de chegar aos límites e facer as preguntas máis extremas sobre a sociedade e sobre as súas propias ideas e crenzas.

Entrevista a Manuel Veiga

Entrevista a Manuel Veiga

Faro da cultura publica unha longa entrevista con Manuel Veiga, a raíz da presentación d’ O profesor de vegliota, que terá lugar o sábado 5 de xullo na Feira do libro de Vigo. Premendo sobre a imaxe, pode lerse u imprimirse o texto.

Rectificamos

Comunícannos os amigos de Lg3 que na súa páxina xa saíra unha crítica, feita por Anxos García Fonte, de O profesor de vegliota de Manuel Veiga o pasado 28 de abril. Non coñeciamos tampouco as críticas aparecidas sobre A cultura do pan de Xosé Lois Ripalda, esta a cargo de Xurxo M. Ayán o 5 de maio. A cadaquén, o seu.

“O profesor de vegliota”, primeira crítica

“O profesor de vegliota”, primeira crítica

Armando Requeixo publica en Faro da Cultura a primeira critica d’ O profesor de vegliota, a novela de Manuel Veiga.