Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: vento_e_chuvia

Manuel Gago: «O tempo do inverno, tradicionalmente, foi tempo de contar historias». Entrevista en vídeo en Fala Londres

O blog Fala Londres publicou unha anotación cunha entrevista en vídeo a Manuel Gago, sobre o libro Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, ilustrado por Manel Cráneo, e reeditado en edición de campo na colección LibroX. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Unha delicia de lectura con roteiros máxicos: «Vento e chuvia», de Manuel Gago. Crítica de Armando Requeixo

O Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Armando Requeixo sobre o libro Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, de Manuel Gago, ilustrado por Manel Cráneo, e reeditado en edición de campo na colección LibroX. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

As novidades literarias de Xerais, no blog de Francisco Martínez Bouzas

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha anotación sobre as últimas novidades literarias de Xerais.     Edicións Xerais: abondosa colleita para o remate do verán Aínda que non é un feito illado, desexo salientar a abondosa e variada restra de publicacións que Edicións Xerais vén de poñer a disposición do lectorado galego neste remate do verán 2015.

Novidade: «Vento e chuvia», de Manuel Gago, en edición de campo

Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, de Manuel Gago, ilustrado por Manel Cráneo, en edición de campo e reeditado na colección LibroX, é unha das novidades desta tempada. Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes.

Integración de linguaxes e formatos: «Vento e chuvia», de Manuel Gago. Crítica de César Lorenzo Gil

Biosbardia publica unha recensión crítica de César Lorenzo Gil sobre Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, de Manuel Gago, ilustrado por Manel Cráneo.     ‘Vento e chuvia’, mitoloxía oxidada O libro Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia, de Manuel Gago, é unha aposta editorial de Xerais moi ambiciosa.

Manuel Gago: «A divulgación do patrimonio debe actualizar o imaxinario» Entrevista de Carme Vidal

Sermos Galiza publicou unha entrevista de Carme Vidal a Manuel Gago na que fala do seu libro sobre Vento e chuvia.     Manuel Gago: «O talento multiplícase cando se conecta» Xornalista, investigador, promotor de multitude de proxectos culturais, profesor da Universidade de Santiago, director do portal culturagalega.org,  escritor… o perfil de Manuel Gago é tan amplo como xenerosa a súa conversa.

Entrevista radiofónica a Manuel Gago e Manuel Cráneo sobre «Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia»

O programa da radio CampUSCCulturae chamado Metrópoles Delirantes, que aborda a temática da fantasía, da banda deseñada e da ciencia ficción, emitiu unha entrevista a Manuel Gago e Manel Cráneo, autores do libro  Vento e chuvia.

Xerais ofrece máis de 110 títulos en formato ebook, desde literatura infantil e xuvenil a novidades de narrativa ou clásicos

A decidida aposta de Xerais por abrir o seu catálogo de xeito sistemático aos dous formatos actuais do libro, o formato papel e o formato ebook, está xa plenamente consolidada, con máis de 110 títulos a disposición dos lectores e lectoras, asumindo así o reto que os novos xeitos de lectura demandan.

Noite da Edición 2014. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre os Premios da Noite da Edición 2014.

«Vento e chuvia», de Manuel Gago, «Tastarabás», de Antón Cortizas e a escritora Berta Dávila, galardoados nos Premios Ánxel Casal da Noite da Edición 2014

Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, de Manuel Gago e con ilustracións de Manel Cráneo, editado por Edicións Xerais, recibiu o venres á noite en Betanzos o Premio Xosefa Vilarelle ao mellor libro educativo do ano. Así mesmo, Tastarabás.

Presentación en Ourense de “Vento e chuvia” de Manuel Gago

O venres, 7 de marzo, ás 20:00 horas, na livraría Torga, rúa da Paz, 12 de Ourense, terá lugar a presentación do libro Vento e chuvia de Manuel Gago. O acto contará coa participación de Manuel Gago e da actriz Soledad Felloza que dramatizará un dos relatos.

Os libros finalistas dos Premios Ánxel Casal da Edición 2014

A Asociación Galega de Editores fixo públicos os libros finalistas dos Premios Ánxel Casal da Edición, galardóns que pretenden recoñecer o traballo realizado polos editores galegos ao longo do ano. A presentación de candidaturas e a primeira votación é realizada polos editores e, posteriormente, de entre os libros e proxectos finalistas, o xurado delibera e decide os premiados de cada unha das categorías.