Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: vento_ventiño_venteiro

Antonio García Teijeiro: «O primeiro que hai que facer para escribir ben é ler». Anotación no xornal «Faro de Vigo» sobre: «Vento, ventiño, venteiro»

O xornal Faro de Vigo publicou unha noticia asinada por S. Otero sobre a participación do escritor Antonio García Teijeiro no proxecto Faro da Escola, unha iniciativa na que o escritor percorre as aulas co libro: Vento, ventiño, venteiro, ilustrado por María Lires e publicado por Xerais na colección Sopa de Libros. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Un poemario a cabalo entre o libro e o álbum ilustrado: «Vento, ventiño, venteiro», de Antonio García Teijeiro. Anotación en «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Raquel Senra Fernández sobre o libro: Vento, ventiño, venteiro, de Antonio García Teijeiro, con ilustracións de María Lires. O libro está publicado por Xerais na colección Sopa de Libros. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Uns versos que conseguen facer que o vento fale de mil formas diferentes: « Vento, ventiño, venteiro», de Antonio García Teijeiro. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Vento, ventiño, venteiro, de Antonio García Teijeiro, con ilustracións de María Lires. O libro está publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.

Antonio García Teijeiro: «Este libro é un poemario alegre, optimista, onde a musicalidade xoga un papel importante». Anotación no xornal «Faro de Vigo» sobre: «Vento, ventiño, venteiro»

O xornal Faro de Vigo publicou un artigo no que o escritor Antonio García Teijeiro reflexiona sobre o seu novo libro, Vento, ventiño, venteiro, ilustrado por María Lires e publicado por Xerais na colección Sopa de Libros. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Novidade: «Vento, ventiño, venteiro», de Antonio García Teijeiro. Uns poemas nos que o vento percorre diferentes ambientes e mundos

Vento, ventiño, venteiro, de Antonio García Teijeiro, con ilustracións de María Lires, é unha novidade da colección Sopa de Libros de Xerais. Nestes poemas escóitase o vento que percorre diferentes ambientes e mundos: o mar, o sol e as estrelas, as follas das árbores, as flores e as abellas, os nenos e as nenas.