Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: versos_e_aloumiños

Un libro para traballar a unión e a interacción de música e verso: «Eu ben vin, virivín», de Manuel Rico Verea. Crítica de Antonio García Teijeiro en «Versos e aloumiños»

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro: Eu ben vin, virivín, de Manuel Rico Verea, ilustrado por David Rodríguez.   «Eu ben vin, virivín», de Manuel Rico Verea   Cando vexo que sae do prelo un novo libro de literatura tradicional, síntome moi feliz. E se ese libro é un cancioneiro infantil para dicir, contar e cantar, a satisfacción multiplícase por mil.

Unha historia que emociona a grandes e a pequenos. «As peripecias de Extravaganzza Pérez», de Ledicia Costas. Anotación de Alba Piñeiro en «Versos e Aloumiños»

A escritora Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños, que dirixe Antonio García Teijeiro, unha anotación sobre o libro infantil e xuvenil As peripecias de Extravaganzza Pérez, escrito por Ledicia Costas e ilustrado por Óscar Villán. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Sopa de Libros.

Poemas que removen conciencias e non deixan indiferente a ninguén: «Street Poems», de Fran Alonso. Crítica de Antonio García Teijeiro en «Remuíño de libros»

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o poemario Street Poems, de Fran Alonso.   «Street Poems», de Fran Alonso   Dende que lin Cidades, hai xa ben anos, comprendín que a poesía de Fran Alonso (Vigo, 1963), dirixida á mocidade, levaba unha orientación innovadora e estaba enfocada a presentar moitos camiños ao lectorado.

A palabra acada unha nova dimensión para explicar silencios que queren deixar de ser crueis para facer máis auténtico o ser humano: «O que sei do silencio», de Andrea Maceiras. Crítica de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre a novela O que sei do silencio, de Andrea Maceiras, finalista do premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil en 2017.   «O que sei do silencio», de Andrea Maceiras Estiven ata  ben entrada a madrugada para rematar unha historia que me seduciu moito. Non fun quen de abandonala ata que acabei a derradeira liña, a derradeira páxina.

«María Victoria Moreno amaba fondamente a poesía e esta formou parte da súa esencia como persoa e como escritora.» Anotación de Antonio García Teijeiro en «Versos e Aloumiños»

O escritor Antonio García Teijeiro publicou no blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre a faceta poética de María Victoria Moreno, autora homenaxeada no Días das Letras Galegas 2018, centrada na obra Mar adiante.

Un excelente testemuño do que a poesía para nenos pode chegar a dar de si: Juan Senís escribe no blog Dulce Pepinillo sobre «Poemar o mar», de Antonio García Teijeiro

O blog Versos e Aloumiños recolle unha entrada doutro blog literario, Dulce Pepinillo, do escritor asturiano Juan Senís, sobre Poemar o mar, de Antonio García Teijeiro.   De cando en vez, un atopa en internet cousas que lle producen unha grande alegría. Isto ocorreu hai uns días cunha crítica a fondo do meu poemario Poemar o mar.

Un personaxe entrañable, humor e prosa fluída: «Escaquis e Romeu», de Antonio Manuel Fraga. Recensión de Alba Piñeiro

Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños unha recensión sobre a novela infantil  Escaquis e Romeu, de Antonio Manuel Fraga, ilustrada por Jacobo Fernández Serrano.   «Escaquis e Romeu», de Antonio Manuel Fraga Toda iniciativa que teña que ver coa promoción da lectura para os máis novos, sempre é de agradecer, pois significa apostar polo futuro máis inmediato do que eles formanparte.

Por todas as que quedaron no camiño e perderon a súa voz: «Corredora», de María Reimóndez. Recensión de de Alba Piñeiro

Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños unha recensión sobre a novela Corredora, de María Reimóndez, publicada na colección Fóra de Xogo.   «Corredora», de María Reimóndez A escritora, tradutora e intérprete María Reimóndez achégalles aos adolescentes esta novela necesaria e comprometida coa humanidade xa que lles dá voz aos seres máisdesfavorecidos da sociedade.

A tenrura de María Victoria Moreno feita verso para aos máis pequenos: «Eu conto, ti cantas», de María Victoria Moreno. Artigo de Antonio García Teijeiro

O escritor Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e aloumiños unha recensión sobre o libro Eu conto, ti cantas, de María Victoria Moreno.   A tenrura de María Victoria Moreno feita verso par aos máis pequenos Diáfanos, sutís, cheos de emotividade e de sinxeleza son estes tres contos en verso que María Victoria Moreno escribiu pensando na rapazada. Tres contos  de animais e nenosqueaman os animais.

Unha pequena gran peza de teatro infantil: «O valo», de Carlos Labraña. Recensión de de Alba Piñeiro

Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños unha recensión sobre a obra de teatro infantil O valo, de Carlos Labraña, gañadora do Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil.

Propostas imprescindibles para o lectorado infantil: «Cincenta e as zapatillas peludas» e «Brancaneves e os 77 ananiños», de Davide Cali

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e aloumiños unha recensión sobre os álbums ilustrados Cincenta e as zapatillas peludas e Brancaneves e os 77 ananiños, de Davide Cali.   Dúas propostas editoriais imprescindibles para o lectorado infantil Seguindo cos máis pequenos, falaremos hoxe de dúas propostas ben atraentes.

Este álbum é unha preciosidade: «O lapis máxico de Malala», de Malala Yousafzai. Recensión de Antonio García Teijeiro

O escritor Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e aloumiños unha recensión sobre o libro O lapis máxico de Malala, de Malala Yousafzai.