Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: via_secundaria

Presentación en Vigo de “Vía secundaria” de An Alfaya

O venres, 28 de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Librouro, rúa Eduardo Iglesias, 12 de Vigo, terá lugar a presentación da novela Vía secundaria de An Alfaya (Premio de Novela por entregas “La Voz de Galicia” 2010). No acto intervirán, Ramón Nicolás, Manuel Bragado e a autora.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Vía secundaria», de An Alfaya

Manuel Rodríguez Alonso publicou unha recensión crítica sobre Vía secundaria, de An Alfaya. Pódese ler a recensión aquí.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Vía secundaria», de An Alfaya

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Vía secundaria, de An Alfaya. Cavorcos de soidade Con acenos de novela negra Por veces, un bo desenvolvemento narrativo é capaz de anular as distancias que median entre as chamadas baixa / alta literatura.

Crítica de Armando Requeixo sobre «Vía secundaria», de An Alfaya

O crítico Armando Requeixo publicou no seu blog unha recensión crítica sobre Vía secundaria, de An Alfaya. A narración, externamente estruturada nos trinta e un capítulos preceptivos do premio, relata a historia dun atropelo nunha vía secundaria (de aí o título, tamén de forte carga simbólica) e a relación —directa ou indirecta— que tres parellas de personaxes gardan co suceso. (…) Pode lerse completa aquí.

«Unha novela por entregas»: Crítica de Vicente Araguas sobre «Vía secundaria», de An Alfaya

O crítico Vicente Araguas publicou unha recensión sobre Vía secundaria, de An Alfaya, nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa e El Ideal Gallego. Unha novela por entregas Non lera no seu momento, nin xunta nin por separado,esta narración de An Alfaya, Vía secundaria (Xerais, Vigo 2011), gañadora do Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia.

Dolores Vilavedra aborda «Despois da medianoite» e «Vía secundaria» no último repaso de novidades

Dolores Vilavedra aborda «Despois da medianoite» e «Vía secundaria» no último repaso de novidades

O suplemento Luces de El País publica un artigo de Dolores Vilavedra en que, baixo o título de «Pintan bastos», realiza unha panorámica crítica sobre os últimos títulos publicados, citando a tradución dos Sonetos de Shakesperare, feita por Ramón Gutiérrez Izquierdo e facendo un breve percorrido por Despois da medianoite, de Salma, e  Vía secundaria, de An Alfaya.

Crítica de Ramón Nicolás sobre a novela «Vía secundaria», de An Alfaya

Crítica de Ramón Nicolás sobre a novela «Vía secundaria», de An Alfaya

Ramón Nicolás publicou nas páxinas do suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Vía secundaria, a obra de An Alfaya gañadora do Premio  de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2011.

“Vía Secundaria” de An Alfaya

La Voz de Galicia faise eco da aparición de Vía secundaria, a obra de An Alfaya gañadora do Premio  de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2011. Xerais vén de publicar Vía secundaria, a novela de An Alfaya que o ano pasado foi a gañadora do décimo Premio de Novela por entregas de La Voz.

Crítica sobre «Vía secundaria», de An Alfaya

O Atlántico Diario publicou unha recensión sobre Vía secundaria, de An Alfaya. En Edición Xerais de Galicia, narrativa, 102 páxinas.

Ramón Nicolás repasa no «Breviario» algúns dos últimos títulos publicados por Xerais

Ramón Nicolás repasa no seu Breviario de Biblos algúns dos últimos títulos publicados por Xerais: 1. Entrevístase neste número de Biblos. Clube de Lectores a Agustín Fernández Paz e, en boa lóxica, ocupa moita atención nela o seu último libro: Non hai noite tan longa.

A novela «Vía secundaria», de An Alfaya, Premio de Novela por entregas La Voz de Galicia 2010, é unha das novidades do mes de xullo

Vía secundaria, a novela de An Alfaya que foi Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2010, é unha das novidades da colección Narrativa do mes de xullo. Na vía secundaria que conduce ao polígono industrial prodúcese un atropelo nun día de choiva. Ese desafortunado incidente marcará un punto de inflexión nas vidas das persoas que participan no suceso até situalas nunha calella con poucas saídas.

An Alfaya gañadora do Premio “La Voz de Galicia” de novela por entregas

Expresamos os nosos maiores parabéns a An Alfaya que coa novela Vía secundaria resultou gañadora da Xª edición do Premio La Voz de Galicia de novela por entregas. Con este novo galardón, An Alfaya consolida unha das traxectorias máis sólidas e aclamadas da actual narrativa galega. Aconsellamos seguir, a partir do primeiro de agosto, as 31 entregas desta prometedora novela.