Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: víctor_f_freixanes

Un libro que se le como unha novela: «O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936», de Víctor F. Freixanes. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha recensión sobre o libro O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936, de Víctor F. Freixanes, publicado por Xerais na colección Memoria. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

O significado dun libro corenta anos despois da súa publicación orixinal: «O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936», de Víctor F. Freixanes. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936, de Víctor F. Freixanes. O libro está publicado por Xerais na colección Crónica – Memoria.   O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936, de Víctor F. Freixanes Lourenzo Fernández Prieto fala, no imprescindible prólogo desta reedición, de que este é un libro seminal.

Unha obra pioneira no relato biográfico dos homes e mulleres que deron a vida na defensa dos ideais republicanos: «O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936». Anotación nos xornais «El Progreso» e «Diario de Pontevedra»

Os xornais El Progreso e Diario de Pontevedra publicaron unha anotación sobre o libro: O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936, de Víctor F. Freixanes. O libro está publicado por Xerais na colección Crónica – Memoria. O artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Un título pioneiro, hoxe de culto e reeditado logo de anos fóra das librarías: «O fresco. Memorias dun fuxido (1936)», de Víctor F. Freixanes. Anotación no «Sermos Galiza»

O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación de Daniel Salgado sobre a reedición do libro: O fresco. Memorias dun fuxido (1936), de Víctor F. Freixanes. O libro está publicado por Xerais na colección: Crónica – Memoria. Imaxe: Ponteareas no tempo (Concello de Ponteareas) – Sermos Galiza.

Novidade: «O Fresco. Memorias dun fuxido (1936)», de Víctor F. Freixanes. Unha obra pioneira no relato biográfico dos homes e mulleres que deron a vida pola defensa dos seus ideais

O Fresco. Memorias dun fuxido (1936), de Víctor F. Freixanes, é unha novidade da colección Crónica-Memoria de Xerais. Uns din que o mataron os falanxistas e a Garda Civil nos montes do Confurco. Outros, que houbo traizón, que foron os seus propios compañeiros. Sucedeu na noiteboa de 1936, logo de andar fuxido polos montes do sur de Pontevedra con 223 homes que loitaban pola República.