Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: víctor_rivas

Un canto de amor á capacidade dos libros para salvarnos: «Vampira de Biblioteca», de Ledicia Costas e Víctor Rivas. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Vampira de biblioteca, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas, publicado por Xerais na colección: Merlín. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 17.00″.

«Vampira de biblioteca», de Ledicia Costas e Víctor Rivas, recomendación de lectura da Libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animaron á lectura do libro: Vampira de biblioteca, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas, publicado por Xerais na colección Merlín. A recomendación pode verse nesta ligazón.

A escritora Ledicia Costas compartiu unha cita virtual con alumnos do CEIP de Cedeira para falar sobre o libro: «Escarlatina, a cociñeira defunta». Noticia no xornal «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha noticia asinada por Selina Otero sobre o encontro virtual que mantivo a escritora Ledicia Costas cos alumnos do CEIP de Cedeira para falar sobre o libro: Escarlatina, a cociñeira defunta, publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un libro que fará as ledicias da rapazallada: «Vampira de biblioteca», de Ledicia Costas e Víctor Rivas. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Vampira de biblioteca, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas, publicado por Xerais na colección Merlín.

Unha aventura literaria de amizade entre vampiros, humanos e animais: «Vampira de biblioteca», de Ledicia Costas. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o libro: Vampira de biblioteca, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas, publicado por Xerais na colección Merlín.   ‘Vampira de biblioteca’, de Ledicia Costas   Ledicia Costas agasállanos nesta reentrada con Vampira de biblioteca, un novo libro da súa factoría creativa, ilustrado por Víctor Rivas.

Unha proposta moi acaída para as recomendacións lectoras do verán: «Vampira de biblioteca», de Ledicia Costas e Víctor Rivas. Recomendación do blog «Rede Lectura»

Rede Lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda o libro: Vampira de biblioteca, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas, publicado por Xerais na colección: Merlín.   «Vampira de biblioteca», de Ledicia Costas   Vampira de biblioteca é o último libro que vén de publicar a escritora Ledicia Costas con ilustracións de Víctor Rivas na colección Merlín de Xerais.

Novidade: «Vampira de biblioteca», de Ledicia Costas e Víctor Rivas. A historia dunha vampira chamada Eleonora á que lle encanta papar os insectos que roen as páxinas dos libros

Vampira de biblioteca, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. Esta non é unha historia calquera. É a miña historia. Preguntarás quen son eu. Chámome Eleonora, son unha vampira e dedícome a papar os insectos que queren roer as páxinas dos libros da biblioteca onde vivo.

Ledicia Costas: «`Vampira de biblioteca´estará en todas as librarías a partir do 28 de maio». Entrevista en «Cíes Podcast»

Cíes Podcast emitiu unha entrevista coa escritora Ledicia Costas sobre o libro: Vampira de biblioteca, publicado por Xerais na colección: Merlín, con ilustracións de Víctor Rivas. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 27″.

Unha valiosa ferramenta para educar con respeto e igualdade: «Quokka Moka», de María Solar e Víctor Rivas. Anotación no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Laura Caamaño sobre o libro: Quokka Moka, de María Solar, con ilustracións de Víctor Rivas, publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un álbum en verso para cantar e contar: «Dez gatiñas viaxeiras», de Eva Mejuto e Víctor Rivas. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto, con ilustracións de Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.   Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto e Víctor Rivas Nun primeiro momento lembroume a Once damas atrevidas. Logo, xa me fixo sorrir.

Un texto para contar, cantar e memorizar que non debe faltar en ningunha biblioteca de Educación Infantil: «Dez gatiñas viaxeiras», de Eva Mejuto e Víctor Rivas. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre o libro: Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto, con ilustracións de Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.

«Conexión Macarrón», de Ledicia Costas; e «Dez gatiñas viaxeiras», de Eva Mejuto e Víctor Rivas, entre os títulos infantís seleccionados por «La Voz de Galicia» para o Nadal

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha reportaxe asinada por Olalla Sánchez na que se da conta dunha selección de títulos infantís para o Nadal, con mención a dous títulos publicados por Xerais: Conexión Macarrón, de Ledicia Costas, ilustrado por Laura Suárez; e Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto e Víctor Rivas. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.