Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: vidas_post_it

Un libro que continúa vivo e fresco 10 anos despois: «Vidas post-it», de Iolanza Zúñiga. Crítica de Malores Villanueva

O programa Chamando á terrra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Malores Villanueva sobre Vidas post-it, o libro de relatos  que descubriu a Iolanda Zúñiga. A opinión crítica pode escoitarse nesta ligazón.

Booktuber: Afra Torrado recomenda libros de Iolanda Zúñiga, Rosa Aneiros e María Reimóndez

A poeta Afra Torrado recomenda nun vídeo o libro de relatos Vidas pos-it e a novela Periferia de Iolanda Zúñiga; a novela Resistencia, de Rosa Aneiros, e as novelas  En vías de extinción e A música dos seres vivos, de María Reimóndez.

Iolanda Zúñiga: «Existe mundo alén dos clásicos da literatura universal que, a risco de caer en herexía, non me alimentaron máis que o cine, a música ou os videoxogos»

Armando Requeixo publicou na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha entrevista con Iolanda Zúñiga.   Parlamento das Letras: Iolanda Zúñiga Iolanda Zúñiga é unha escritora cuántica.

A reedición de «Vidas post-it»

O Xornal de Galicia faise eco da reedición de Vidas post-it, o primeiro libro de Iolanda Zúñiga, autora gañadora do Premio Xerais 2010 coa novela Periferia, que estará proximamente nas librarías. Vidas post-it fora publicado orixinariamente, hai tres anos, na colección Abismos, destinada á publicación de novos narradores e reedítase agora na colección Narrativa.

«Vidas post-it», o libro de relatos que descubriu a Iolanda Zúñiga, reeditado en Narrativa

Vidas post-it, o libro de relatos  que descubriu a  autora revelación dos últimos anos, Iolanda Zúñiga, recente Premio Xerais de Novela con Periferia, acaba de ser reeditado en Narrativa e estará a vindeira semana á venda en todas as librarías.