Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: vieiros

Carlos Callón entrevistado por «Vieiros»

Carlos Callón é entrevistado por Vieiros a raíz da publicación de En castellano no hay problema. Recomendamos a lectura dun texto do que recollemoa apenas algúns fragmentos iniciais: Cando se cumpren oito anos dende que asumise a presidencia da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón (Ribeira, 1978) lamenta que a existencia desta organización siga a ser necesaria.

Premios Xerais 2010 nos medios

Foto de © Paula Gómez del Valle. «Numerosas son as referencias publicadas na prensa galega, tanto impresa como dixital, arredor do fallo dos Premios Xerais 2010.

«En castellano no hay problema», ecos da presentación nacional nos medios

Vieiros, A Nosa Terra e GzNación fanse eco hoxe da presentación na Feira do Libro de Santiago de En castellano no hay problema, o libro de Carlos Callón publicado en Crónica. Grazas a todos eles.

«Unha novela excepcional escrita por un autor excepcional»

Hai apenas dúas semanas Manuel Rivas viaxaba até Londres para presentar a tradución ao inglés da novela Os libros arden mal (publicada en galego en 2006). As primeiras críticas non poden ser mellores. Un bo exemplo podémolo ler este venres no xornal The Independent, un dos xornais ingleses máis prestixiosos.

«”Mil cousas poden pasar”: viaxes polos vieiros da imaxinación»

Baixo o título «Vieiros polos camiños da imaxinación», Héitor Mera publica no «Cartafol de Libros« de Vieiros unha crítica de Mil cousas poden pasar. Libro I, a obra de Jacobo Fernández Serrano gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2009. Reproducimos o texto na súa totalidade: Falabamos nunha recensión anterior de tres variables que se deberían de dar nun libro concibido para lectores infantes.

«”Mercurio”: crime sen castigo», crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Baixo o título «Crime sen castigo», Manuel Rodríguez Alonso publica no «Cartafol de Libros« de Vieiros unha crítica de Mercurio, a primeira novela de Emilio Alonso.

«”Sete palabras”: na procura das orixes», crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Baixo o título «Na procura das orixes», Manuel Rodríguez Alonso publica no «Cartafol de Libros« de Vieiros unha crítica de Sete palabras, a novela máis recente de Suso de Toro.

«Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia» no «Cartafol»

Baixo o título «Para comprendermos Galicia», Manuel Rodríguez Alonso publicou en «Cartafol de Libros» de Vieiros unha crítica de Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia de Xosé Ramón Barreiro Fernández.

«Episodios galegos» de Manuel O’Rivas na prensa de hoxe.

No día de onte tivo lugar unha roda de prensa-presentación do último libro de Manuel O’Rivas Episodios galegos. Temos de esperpento na libraría Couceiro de Santiago. Recollemos aquí o eco da prensa galega: «O’Rivas: “O ADN da cultura galega é a resistencia”». Galicia Hoxe «O’Rivas retrata, no seu novo libro, a “Neogalicia conservadora” de Feijoo».

«Etiqueta para todos»: «pequeno gran libro»

Manuel Rodríguez Alonso publica en «Cartafol de libros» de Vieiros unha crítica de Etiqueta para todos. Manual de regulares maneiras pero de bastante educación para a cidadanía de Irene Pérez Pintos. PEQUENO GRAN LIBRO A palabra etiqueta adoita ter un sentido pexorativo de conxunto de cerimonias ou regras un tanto absurdas que se seguen nos actos públicos ou coas persoas con quen non se ten confianza.

«Sol de Inverno», crítica en «Cartafol de libros»

Reproducimos varios fragmentos do texto da crítica que Manuel Rodríguez Alonso publica en «Cartafol de libros» de Vieiros sobre Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009. No mundo cultural galego a concesión do Premio Xerais é unha cerimonia clásica.

O trinta aniversario de Xerais nos medios

Diversos medios fanse eco da noticia do trinta aniversario da editorial. Así Vieiros, que entrevista a Manuel Bragado, salienta que con este motivo «Xerais lanza no seu 30 aniversario os priemiros ebooks galegos». Pola súa banda, Xornal de Galicia recorda que «Edicións Xerais celebrou onte o 30 aniversario da súa fundación», o mesmo que realiza A Nosa Terra.