Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: vilagarcía

O concerto «O meu primeiro Celso Emilio» estará o venres en Rubiáns (Vilagarcía)

Tanto Faro de Vigo como Diario de Arousa informan sobre o concerto O meu primeiro Celso Emilio, no que participarán María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra. O concerto está baseado no álbum infanitl ilustrado O meu primeiro Celso Emilio, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales.

«Denso recendo a salgado» de Manuel Portas, presentación en Vilagarcía

O mércores, 2 de xuño, ás 20:30 horas na Sala de Conferencias do Auditorio de Vilagarcía (Avenida da Mariña s/nº), presentarase a novela de Manuel Portas Denso recendo a salgado. No acto, organizado por Xerais e o concello de Vilagarcía, acompañarán ao autor Emilio Ínsua, Xosé Castro Ratón e Manuel Bragado.

María Reimóndez gaña o premio Plácido Castro de tradución

Segundo informa hoxe A Nosa Terra, María Reimóndez foi a gañadora da VIIIª edición do Premio Plácido Castro de tradución en lingua galega pola súa versión de Mary Prince, unha escrva das indias occidentais. O premio Plácido Castro é o único neste ámbito que existe en Galicia e está dotado economicamente con 3.000 euros.