Publicado o 8 Novembro, 2017 nas categorías Entrevistas, Infantil, Narrativa, Xuvenil
O xornal El Progreso publicou unha entrevista de Cristina Pérez á escritora María Reimóndez, gañadora do Premio Agustín Fernández Paz pola igualdade 2017 coa novela Fóra do normal. Outra novela de María Reimóndez chega nos próximos días ás librarías: As cousas que non queremos oír.
A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 30 Outubro, 2017 nas categorías Blogs, Noticias, Premios, Xuvenil
A escritora María Reimóndez resultou gañadora do I premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos e polo Concello de Vilalba e apoiado por Xerais.
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o fallo do premio.
Ler máis →
Publicado o 18 Decembro, 2012 nas categorías Crónica, Presentacións
O xornal El Progreso publicou unha crónica de Cristina Arias da presentación de O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz, en Vilalba.
Verbas chairegas para a terra
Verbas chairegas de escritores chairegos. Froito da semente dunha terra que viu nacer a moreas de escritores, dous libros máis súmanse á longa lista de obras publicadas ao redor da Terra Chá.
Ler máis →
Publicado o 17 Decembro, 2012 nas categorías Crónica, Presentacións
Manuel Bragado publicou en Brétemas unha crónica da presentación de O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz, en Vilalba. Tamén o xornal dixital Terra Chá.xa publicou unha información sobre a presentación.
Ler máis →
Publicado o 6 Setembro, 2012 nas categorías Autores, Crónica, Entrevistas, Feiras_do_libro, Memorias, Novidades, Vídeos
Coincidindo coa súa presenza o 6 de agosto de 2012 na Feira do Libro da Coruña, Agustín Fernández Paz fala do seu novo libro, O rastro que deixamos, que publicará Xerais na súa serie Crónica o vindeiro mes de outubro. Na entrevista Agustín define O rastro que deixamos como “un libro que está escrito cos fíos da vida sen tinguilos coas cores da ficción porque é un libro cunha carga autobiográfica moi grande”.
Ler máis →
Publicado o 12 Maio, 2011 nas categorías Crónica, Presentacións
O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado mañá venres 13 de maio ás 20,30 horas na Casa da Cultura de Vilalba. O acto contará coa presenza de Xosé María Felpeto Enríquez e Carlos Callón.
Así mesmo, a asociación Irmandiños de Seixalbo tamén organiza unha presentación de En castellano no hay problema para este sábado 14 de maio.
Ler máis →
Publicado o 9 Novembro, 2010 nas categorías Autores, Homenaxes, Noticias
As asociacións Xermolos e Irmandade Manuel María da Terra Chá realizan unha nova edición de Nun lugar dos soños, este ano 2010 arredor da figura de Darío Xohán Cabana, que vai ter lugar o sábado 13 de novembro ás 12 da mañá no Muíño do Rañego de Vilalba.
Ler máis →
Publicado o 19 Outubro, 2009 nas categorías Autores, Homenaxes
Organizado polo club de lectura da Asociación Xermolos e pola Irmandade Manuel María, o vindeiro sábado, 24 de outubro, terá lugar no Muíño do Rañego de Vilalba, baixo a denominación de “Nun lugar dos soños”, unha homenaxe ao escritor Xabier DoCampo.
Ler máis →
Publicado o 22 Xuño, 2009 nas categorías Autores, Homenaxes, Xerais_nos_medios
El Correo Gallego dedicou onte o seu cadro de honra ao escritor Agustín Fernández Paz.
Como nos contos tradicionais . Tres agasallos: un penedo, unha árbore -a bidueira- e un espazo público onde ficará o seu nome.
Ler máis →
Publicado o 21 Xuño, 2009 nas categorías Autores, Fóra de Xogo, Homenaxes, Infantil, Merlín, Narrativa, Reportaxes fotográficas, Xerais_nos_medios, Xuvenil
Artigo de Manuel Bragado en Faro de Vigo sobre a obra literaria de Agustín Fernández Paz a raíz da homenaxe de onte en Vilalba.
Aquí pode verse o álbum fotográfico da homenaxe, preparado por Paulo Naseiro de A Voz de Vilalba.
Ler máis →
Publicado o 20 Xuño, 2009 nas categorías Autores, Entrevistas, Homenaxes, Narrativa, Opinións_lectores/as, Xerais_nos_medios
Con motivo da homenaxe que lle tributa hoxe a AELG en Vilalba e a entrega do Premio Nacional de Literatura Infantil o vindeiro martes en Teruel, Agustín Fernández Paz é entrevistado de forma extensa por Iago Martínez en Xornal de Galicia.
Ler máis →
Publicado o 14 Xuño, 2009 nas categorías Autores, Homenaxes, Noticias, Premios
A homenaxe O escritor na súa terra, impulsada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega chega a súa XVª edición recaendo por unanimidade en Agustín Fernández Paz que será homenaxeado en Vilalba, a terra onde naceu.
Ler máis →