Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: vivir_sen_permiso_e_outras_historias_de_oeste

Actos de Xerais na Praza dos Libros de Carballo 2019

Do 11 ao 14 de xullo de 2019 terá lugar unha nova edición da Praza dos Libros de Carballo na que está programado un amplo programa no que participarán autoras e autores do catálogo de Xerais: Xoves 11, ás 21:00 horas: Presentación do libro As mulleres da fin do mundo de Daniel Asorey. Presenta Manuel Rey Pan.

Actos de Xerais na Festa dos Libros de Pontevedra

Os días 5, 6 e 7 de xullo terá lugar a Festa dos Libros de Pontevedra na que Xerais ten programados os seguintes actos: Venres, 5 de xullo 19:00 horas: Manuel Rivas, acompañado de Fran Alonso, presenta Contra todo iso. Un manifesto rebelde e Vivir sen permiso e outras historias de Oeste.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo 2019

Do 27 de xuño ao 6 de xullo, terá lugar, na rúa do Príncipe e na praza da Farola, a Feira do Libro de Vigo 2019 para a que Xerais preparou este completo programa:

Os autores galegos están de moda. Noticia no xornal La Voz de Carballo

O xornal La Voz de Carballo, de La Voz de Galicia, publicou unha noticia dedicada aos autores galegos na que da conta de dous libros publicados por Xerais: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas e O Cabo do mundo, de Xabier Quiroga -4ª Edición – Premio da Crítica, 2010-. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Unha escrita concentrada e intensa coma un oráculo, un retrinco ou un poema. «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste», de Manuel Rivas. Anotación no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha anotación de Dolores Martínez Torres sobre o libro: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Pontevedra de “Vivir sen permiso e outras historias de Oeste” de Manuel Rivas

O sábado 22 de decembro de 2018, ás 12:30 horas, na librería Paz, rúa Peregrina, 29, Pontevedra, terá lugar o “Vermú entre libros” de Vivir sen permiso e outras historias de Oeste de Manuel Rivas que conversará con María Varela, redactora xefa do Diario de Pontevedra.

O construtor dun espazo simbólico chamado Oeste: «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste», de Manuel Rivas. Crítica de Diego Ameixeiras no suplemento Fugas

O suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, publicou unha anotación do escritor Diego Ameixeiras sobre o libro: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Bueu de “Contra todo isto” e “Vivir sen permiso” de Manuel Rivas

O venres 7 de decembro de 2018 ás 20:00 horas, no Centro Social do Mar, rúa de Montero Ríos, 3, Bueu, terá lugra a presentación do libros Contra todo isto. Un manifesto rebelde e Vivir sen permiso e outras historias de Oeste de Manuel Rivas.

Manuel Rivas: «O importante das historias non é a mercaduría, é o que pasa coa xente» Entrevista no «ZigZag» sobre o libro: «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste»

O programa ZigZag da Televisión de Galicia emitiu unha entrevista co escritor Manuel Rivas sobre a súa novela: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “Vivir sen permiso e outras historias de Oeste” de Manuel Rivas

O martes 4 de decembro de 2018 ás 20:00 horas, na librería Librouro, Eduardo Iglesias, 12, Vigo, terá lugar a presentación do libro Vivir sen permiso e outras historias de Oeste de Manuel Rivas. No acto participarán Manuel Rivas e Fran Alonso.

Presentación, lectura e sinatura na Coruña de “Vivir sen permiso e outras historias de Oeste” de Manuel Rivas

O venres 30 de novembro de 2018 ás 20:00 horas, en Berbiriana, rúa Santiago, 7, A Coruña, terá lugar a presentación, lectura e sinatura de exemplares de Vivir sen permiso e outras historias de Oeste de Manuel Rivas.

Un libro xeográfico sen xeografía definida: «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste», de Manuel Rivas. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou nos xornais Diario de Pontevedra e El Progreso unha recensión crítica sobre a novela Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas. O artigo pode lerse ou descargarse en PDF nesta ligazón.