Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: volverás_golfiño

«Vivamos do conto»: Autores que conseguiron triunfar coas súas obras para nenos e nenas. Noticia no suplemento Fugas

O suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, publicou unha información sobre os autores que conseguiron triunfar coas súas obras para nenos e nenas. Entre os libros citados no artigo, atópanse os seguintes títulos de Xerais: Volverás golfiño, de Andrea Maceiras; Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas e Kusuma, de Héctor Cajaraville.

«Volverás, golfiño», de Andrea Maceiras centrará este venres o Club Lendo Contigo de Espazo Lectura en Gondomar, coa presenza da autora

O libro Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras, centrará hoxe venres 26 de maio a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura , coa presenza da autora, Andrea Maceiras. O libro está ilustrado por  Víctor Rivas e publicado na colección Merlín.

A voz dunha moza que sabe loitar polo seu propio mundo: «Volverás, golfiño», de Andrea Maceiras. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica sobre o libro Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras, ilustrado por Víctor Rivas.

Realismo máxico: «Volverás, golfiño», de Andrea Maceiras. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre a novela Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras, ilustrado por Víctor Rivas.

Presentación en Betanzos de “Volverás, golfiño” de Andrea Maceiras

O venres, 14 de novembro, ás 20:30 horas, na libraría Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos, terá lugar a presentación do libro Volverás, golfiño de Andrea Maceiras. No acto participarán Montse Muriano Rodríguez e Andrea Maceiras.

Novidade: «Volverás, golfiño», de Andrea Maceiras. Segredos na Costa da Morte

Novidade: Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras, ilustrado por Víctor Rivas. A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí as longas tardes do verán énchense coas visitas da nena ao desacougante areal de Trece e coa luz do faro de Cabo Vilán, que advirte de invisíbeis perigos. Algo escuro se agocha no baúl que Iris descubre no faiado e que inexplicabelmente leva escrito o seu nome.