Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: x_l_méndez_ferrín

Xerais recupera: «Antón e os inocentes», de Méndez Ferrín, en edición do poeta e filólogo Antón Blanco. Anotación no «Sermos Galiza»

O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación de Daniel Salgado sobre o libro: Antón e os inocentes, de Xosé Luís Méndez Ferrín. O libro está publicado por Xerais na colección: Xerais Clásicos.   Xerais recupera «Antón e os inocentes», novela que Ferrín escribiu na cadea Méndez Ferrín escribiu Antón e os inocentes, a súa terceira novela, “no lugar sórdido no que ‘toda incomodidad tiene su asiento”.

Presentación en Vigo de “Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a1975. A ‘longa noite’ “

O martes 9 de abril de 2019 ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal do Areal, rúa Areal, esquina rúa Oporto, terá lugar a conferencia “As luces na ‘longa noite’. A literatura galega dende 1936 a 1975” de Xosé Ramón Pena, autor de “Historia da Literatura Galega“. No acto, organizado polo Club Faro de Vigo, participarán Xosé Ramón Pena e   X. L. Méndez Ferrín.

Uns versos que contribúen á construción do relato nacional: «Estirpe», de X. L. Méndez Ferrín. Anotación no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha anotación de Xurxo Martínez González sobre o libro: Estirpe, de X. L. Méndez Ferrín. O libro gañou o Premio da Crítica, 1994 (poesía) – Premio Losada Dieguez (Creación Literaria), 1995, e está publicado por Xerais na colección Poesía. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Mulleres galegas que foron adiantadas ao seu tempo: «Pioneiras 2», de Anaír Rodríguez. Anotación de X.L. Méndez Ferrín

X. L. Méndez Ferrín, na súa sección: No fondo dos espellos, do xornal Faro de Vigo, faise eco da publicación do libro: Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez, ilustrado por Abi Castillo. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

X. L. Méndez Ferrín recibiu o sábado en Vigo o Premio Laxeiro 2018

O escritor X. L. Méndez Ferrín recolleu o pasado sábado o Premio Laxeiro 2018 durante o transcurso dun xantar en Alcabre (Vigo) que conmemoraba a festa que realizaba anualmente o pintor Laxeiro para celebrar o seu aniversario.  A concesión do premio ao escritor de Vilanova dos Infantes significa un recoñecemento a toda unha vida dedicada á literatura. X. L.

X. L. Méndez Ferrín, Premio Laxeiro 2018

O escritor X. L. Méndez Ferrín foi galardoado onte coa Premio Laxeiro 2018 que concede a Fundación Laxeiro como recoñecemento a toda unha vida dedicada á literatura e a unha traxectoria que alcanzou un nivel de calidade excepcional. A entrega terá lugar o sábado 24 de febreiro no transcurso dun xantar que conmemora a festa que realizaba anualmente o pintor Laxeiro para celebrar o seu aniversario a base de lacón con grelos.

Moito máis alá: Manuel Antonio, icona da modernidade. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación en Vigo da biografía Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía, de Xosé Luís Axeitos.   Manuel Antonio, icona da modernidade A presentación de onte na libraría Andel de Vigo constituíu unha fermosa lembranza da figura do poeta Manuel Antonio.

Presentación en Vigo de “Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía” de Xosé Luís Axeitos

O martes 5 de setembro, 2017, ás 20,00 horas na libraría Andel, Avda Camelias, 102, Vigo, terá lugar a presentación do libro Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía de Xosé Luís Axeitos. No acto acompañarán ao autor X. L. Méndez Ferrín, Xosé Ramón Pena e Manuel Bragado.

Biografía espléndida: «Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía», de Xosé Luís Axeitos. Artigo de X. L. Méndez Ferrín sobre Vigo e Manuel Antonio

O escritor X. L. Méndez Ferrín publicou no Faro de Vigo un artigo no que fala sobre a biografía Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía, de Xosé Luís Axeitos, así como da relación do poeta de Rianxo coa cidade de Vigo. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha lectura que recomendamos vivamente: «Terradentro», de Xosé Benito Reza. Artigo de X. L. Méndez Ferrín

O escritor X. L. Méndez Ferrín publicou no Faro de Vigo un artigo no que fala sobre o escritor Xosé Benito Reza e a súa novela Terradentro. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Dúas novelas engaiolantes: «Crónica Córnica», de Francisco Coimbra e «Non hai outro camiño», de Isaac Xubín. Artigo de X. L. Méndez Ferrín

O escritor X. L. Méndez Ferrín publicou no Faro de Vigo un artigo no que fala sobre as novelas Crónica Córnica, de Francisco Coimbra e Non hai outro camiño, de Isaac Xubín. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Un canto á diversidade lingüística e ao amor ás palabras: «Crónica Córnica», de Francisco Coimbra

Duvi, o Diario da Univesidade de Vigo publicou unha información  sobre a presentación da novela Crónica Córnica, de Francisco Coimbra, Finalista do Premio Xerais de Novela 2016.