Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xabier_cordal

Xabier Cordal: «Cada un dos relatos do libro convida a unha viaxe diferente». Entrevista en «El Progreso» sobre: «Relatos para a televisión»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de Cristina Arias ao filólogo e escritor Xabier Cordal sobre o libro: Relatos para a televisión. O libro está publicado por Xerais na colección narrativa A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Xabier Cordal: «Estes relatos son unha crónica da miña biografía como persoa e como lector». Entrevista no «ZigZag Diario» sobre: «Relatos para a televisión»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista co escritor Xabier Cordal sobre o libro: Relatos para a televisión. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 10″.

«Dentro da literatura» e «Relatos para a televisión», entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de febreiro

Dentro da literatura, de Suso de Toro, é o segundo libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de febreiro. No terceiro lugar sitúase outro texto de Xerais: Relatos para a televisión, de Xabier Cordal.

Relatos moi poéticos cun fondo social de revisión crítica do mundo louco que nos tocou vivir: «Relatos para a televisión», de Xabier Cordal. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Relatos para a televisión, de Xabier Cordal. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «Relatos para televisión», de Xabier Cordal. Fíos que só cobran sentido a través da distancia

Relatos para televisión, de Xabier Cordal, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Unha curtametraxe -acerca do paradoxo da literatura como parte da vida- serve de portal a outros once relatos escritos para televisión. Algúns gardan desenlaces sorprendentes e, igual ca un tapiz, fíos que só cobran sentido a través da distancia. Calquera orde de lectura é a correcta.

Unha prosa digna da xeración mellor formada deste país. «Non hai outro camiño», de Isaac Xubín. Crítica de Xabier Cordal en «A Trabe de Ouro»

A revista A Trabe de Ouro publicou no seu número 106 unha crítica de Xabier Cordal sobre a novela: Non hai outro camiño, de Isaac Xubín. O libro gañou o Premio da Crítica Española (en lingua galega), 2016, e está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns: A Trabe de Ouro 1 / A Trabe de Ouro 2 / A Trabe de Ouro 3.

Xabier Cordal: «É difícil non sentirse náufrago nun país en que as elites soñan con facelo desaparecer». Entrevista de Montse Dopico sobre «transmuta»

Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Xabier Cordal, autor de transmuta.     «O esganamento do sector cultural é unha vendetta, oriéntase a ir eliminando un vello adversario político» Tomar partido. Interiorizar a violencia que sufriu a xeración máis empobrecida da posguerra e reaccionar ante ela. Reaxir ante a dor. Ante a opresión. De antes e de agora.

Presentación «O bosque é grande e profundo» en Lugo

O mércores, 27 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Trama, avenida da Coruña 21 de Lugo, terá lugar a presentación da novela O bosque é grande e profundo de Manuel Darriba. No acto participarán Xabier Cordal, Fran Alonso e o autor.

A densidade de «transmuta», de Xabier Cordal. Anotación no blog craneoprixilexiado

O blog craneoprixilexiado publicou unha anotación sobre transmuta, de Xabier Corda.

«transmuta», de Xabier Cordal, Premio da Crítica Galicia 2013 no apartado de Creación Literaria

O poemario transmuta, de Xabier Cordal, resultou galardonado esta fin de semana co Premio da Crítica Galicia 2013 no apartado de Creación Literaria. Reproducimos a nota oficial da Fundación Premios da Crítica.

Xabier Cordal: «Cando unha cultura ri, e ri de si mesma, significa que pode con todo». Entrevista de Daniel Salgado sobre «transmuta»

O xornal El País publica unha entrevista de Daniel Salgado con Xabier Cordal polo seu libro de poemas transmuta.   «Non hai nada externo á poesía» Once anos logo d’A vella peneira a noite, Xabier Cordal enfróntase de novo á escrita. Desta volta, para axustar contas coa perda.   Once anos logo d’A vella peneira a noite, Xabier Cordal (A Coruña, 1965) enfróntase de novo á escrita.

Cando a poesía é unha bala. Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «transmuta», de Xabier Cordal

Cando a poesía é unha bala. Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «transmuta», de Xabier Cordal

Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia confidencial unha recensión crítica sobre transmuta de Xabier Cordal.   Sintaxe de cando a poesía é unha bala Xosé Manuel Eyré aborda esta semana de ‘Transmuta’, un poemario de Xabier Cordal, editado por Galaxia e que fala desa poesía que é unha batalla de todos os días.