Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xabier_lópez_lópez

«Cadeas», coma a vida. Anotación de Francisco Fernández Naval sobre a novela de Xabier López López, Premio Xerais 2013

O escritor Francisco Fernández Naval publica no seu blog unha anotación sobre Cadeas, de Xabier López López, novela gañadora do Premio Xerais 2013.     CADEAS, COMA A VIDA O pasado venres, 13 de decembro, na biblioteca da AA VV Atochas-Monte Alto-A Torre, presentabamos a novela de Xabier López López, Cadeas, premio Xerais deste ano. Na mesa estabamos Fran Alonso, Xabier e máis eu.

Cuestionar a exclusividade: «Cadeas», de Xabier López López. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre Cadeas, de Xabier López López,  novela gañadora do Premio Xerais 2013.

«Cadeas», «Caderno do Nilo» e o «VII Premio Diario Cultural de teatro radiofónico 2013» na crítica de Armando Requeixo en Ames Radio

Armando Requeixo abordou na sección Radiocrítica de Ames RAdio o comentario crítico de varios libros de Xerais: Cadeas, de Xabier López López (Premio Xerais d eNovela 2013; Caderno do Nilo, de Cesáreo Sánchez Iglesias; e VII Premio Diario Cultural de teatro radiofónico 2013.

Presentación de «Cadeas» na Coruña

Presentación de «Cadeas» na Coruña

O venres 13 de decembro, ás 20:30 horas, na Biblioteca da Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto-A Torre, Parque de Marte s/nº, A Torre, A Coruña,  Xabier López López presentará a súa novela Cadeas, premio Xerais 2013. O acto, organizado pola Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto, a libraría Sisargas e Xerais, contará coa participación de Francisco Fernández Naval, Fran Alonso e o autor.

Presentación de «Cadeas» en Pontedeume

O xoves, 12 de decembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume, nun acto organizado polo Ateneo Eumés. Xabier López López presentará a súa novela Cadeas, premio Xerais 2013.

Desvelando as claves de «Cadeas», de Xabier López López. Anotación de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da crítica unha anotación sobre a presentación en Compostela de Cadeas, de Xabier López López,  novela gañadora do Premio Xerais 2013.   Na presentación de Cadeas en Compostela Acompañei onte, na sempre acolledora casa de Pablo e María que é a Libraría Couceiro compostelá,  a Fran Alonso e a Xabier López López na presentación de Cadeas, o último premio Xerais de novela.

Presentación de «Cadeas» en Santiago

O mércores, 4 de decembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro , praza de Cervantes 6 de Santiago terá lugar a presentación da novela Cadeas de Xabier López López, premio Xerais de novela 2013. No acto participarán Ramón Nicolás,  Fran Alonso e o autor.

Sempre sentiremos o latexo deste libro: «Cadeas», de Xabier López López. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou en El Progreso e no Diario de Pontevedra unha recensión crítica sobre Cadeas, de Xabier López López,  novela gañadora do Premio Xerais 2013.

Un artefacto literario: «Cadeas», de Xabier López López. Crítica de Armando Requeixo sobre o Premio Xerais 2013

Armando Requeixo publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Cadeas, de Xabier López López,  novela gañadora do Premio Xerais 2013.   Narrativa helicoidal Dunha estimulante proposta O camiño andado por Xabier López López confírmao un dos narradores de maior interese dos últimos anos.

«Cadeas», de Xabier López López, encabeza os libros máis recomendados da Tabela do mes de novembro

Cadeas, de Xabier López López, novela gañadora do Premio Xerais 2013, sitúase no primeiro posto dos libros máis recomendados no mes de novembro na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que varios críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Novela que sorprende o lector: «Cadeas», de Xabier López López. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre o Premio Xerais 2013

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Cadeas, de Xabier López López,  novela gañadora do Premio Xerais 2013.   Aposta pola experimentación Os premios literarios máis rechamantes son os de novela.

«Cadeas», en Narrativa; «Historia de Galicia», en Ensaio-Teatro; «Dragal III. A fraternidade do Dragón», en Infantil-Xuvenil; e «Astérix e os Pictos», en Banda Deseñada, encabezan os libros máis vendidos

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha nova listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos a partir da información proporcionada por 13 librarías galegas. Cadeas, de Xabier López López, en Narrativa; Historia de Galicia, de Anselmo López Carreira en Ensaio-Teatro; Dragal III.