Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xabier_lópez_lópez

Xabier López López: «’Cadeas’ é unha novela que se cuestiona a si mesma». Entrevista en Radiofusión co gañador do Premio Xerais 2013

Radiofusión publica unha entrevista a Xabier López López sobre Cadeas,  a novela gañadora do Premio Xerais 2013. O autor asegura que Cadeas é unha novela que se cuestiona a si mesma. A entrevista pode escoitarse neste enlace.

Unha novela distinta e suxestiva: «Cadeas», de Xabier López López, novela gañadora do Premio Xerais 2013

Ramón Nicolás publicou o no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Cadeas, de Xabier López López,  novela gañadora do Premio Xerais 2013.   Labirintos de vida e literatura Hai dúas semanas comentábase aquí a novela 1989 que Xabier López publicara había pouco tempo.

Xabier López López, Premio Xerais de Novela 2013: «O mundo reinvéntase con cada libro»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Xabier López López pola publicación de  Cadeas, novela gañadora do Premio Xerais 2013.

Xabier López López: «A vida é unha suma de relatos na que somos personaxes principais, aínda que somos secundarios na doutras persoas». Entrevista no ZigZag

Xabier López López foi entrevistado no programa ZigZag da TVG  para falar da súa novela Cadeas, novela gañadora do Premio Xerais 2013.   O programa cultural “ZigZag Diario” recibe esta tarde no seu estudio a Xabier López, gañador do XXX Premio Xerais de Novela co seu libro “Cadeas”. Este traballo é un entrecruzamento de historias, con múltiples referencias culturais e con personaxes ben construídos.

Xabier López López: «Coa novela gañadora do Premio Xerais eu quería incomodar»

Disquecool, o medio de tendencias made in Galicia, publica unha entrevista de Cris a Xabier López López sobre Cadeas  a novela gañadora do Premio Xerais 2013.

Un mosaico de historias: «Cadeas», de Xabier López López, novela gañadora do Premio Xerais 2013

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de de Cadeas de Xabier López López, Premio Xerais de Novela, 2013.   Première de «Cadeas» en Betanzos O salón Azul do Liceo de Betanzos encheuse na première de Cadeas, a novela de Xabier López gañadora do Premio Xerais 2013.

Presentación de “Cadeas” de Xabier López López en Betanzos

O venres, 11 de outubro, ás 20:30 horas, na Sala Azul do Liceo, Praza Irmáns García Naveira, s/nº de Betanzos, terá lugar a presentación de Cadeas de Xabier López López, Premio Xerais de Novela, 2013. No acto participarán Pilar Vázquez Rodríguez, Iago Martínez, Manuel Bragado e Xabier López López. Esta actividade está organizada pola Asociación Eira Vella, a libraría Carricanta e Xerais.

Novidade: «Cadeas», de Xabier López López, novela gañadora do Premio Xerais 2013

Cadeas, de Xabier López López, é a novela gañadora do Premio Xerais 2013. Está dispoñible en papel e formato ebook. Nun porto afastado, Manuel Antonio mantén unha fermosa historia de amor cunha sorprendente muller á que coñeceu grazas a un estraño navegante chamado Joseph Conrad. Un rapaz de 15 anos relata a época en que os veraneantes madrileños eran o punto de todas as olladas e desexos da súa vila.

A portada de «Cadeas», de Xabier López López, a novela gañadora do Premio Xerais

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a portada da novela gañadora do Premio Xerais 2013, Cadeas, de Xabier López.   A portada de «Cadeas» Cadeas, a novela de Xabier López, gañadora do Premio Xerais deste ano, xa vai no prelo. Estou moi satisfeito da cuberta que preparou Miguel A.

Xerais incorpora as novidades xuvenís e a poesía ao formato ebook. «Flor de area», de M. Lourenzo González, o primeiro título de Fóra de Xogo en formato dixital

Flor de area, de M. Lourenzo González, é o primeiro título de Fóra de Xogo en formato dixital, o primeiro nunha nova liña de ampliación da oferta de libro dixital, que pretende achegarse deste xeito aos lectores e lectoras xuvenís. Nas vindeiras semanas incorporaranse ao catálogo dixital, tamén para público xuvenil e na mesma colección, Endogamia 0.

Xabier López López, Premio Xerais 2013 por «Cadeas»: «A novela está vencellada polas relacións de poder e dominación, elementos consubstanciais ao século XX»

Praza Pública publica unha entrevista de Alberto Ramos a Xabier López López, gañador do Premio Xerais de novela 2013 por Cadeas.     «Os que nos gobernan son uns nostálxicos das partes máis sinistras do século XX» “Unha novela de novelas, un baúl de historias que denotan, ante todo, unha prodixiosa capacidade para fabular, para recrear, para imaxinar”.

Xabier López López, entrevista no «Diario de Pontevedra»

Ramón Rozás publica unha longa entrevista no Diario de Pontevedra con Xabier López, gañador do Premio Xerais de novela 2013 por Cadeas. Aquí poden descargarse as dúas páxinas en pdf.