Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xavier_estévez

Novidade: «Os camiños do vento», de Xavier Estévez. Unha viaxe a través dos camiños do vento

Os camiños do vento, de Xavier Estévez, con ilustracións de Xosé Cobas, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. Lucas e Sara comezan o novo curso xuntos no instituto. O cambio á ESO non será doado, e menos cando un novo misterio peta nas súas portas. Unha pequena ladroa de peixe aparece no peirao onde adoitan ir pasear.

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”.

Presentación en Vigo de “Paseniño, paseniño” de Antonio García Teijeiro

O mércores 14 de novembro de 2018 ás 20:00 h. na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro Paseniño, paseniño de Antonio García Teijeiro con ilustracións de Marcos Viso. No acto participarán Xavier Estévez, Marcos Viso, Antonio García Teijeiro e Manuel Bragado.

Unha historia tremendamente sensible que engaiola: «Avións de papel» de Xavier Estévez. Crítica de Raquel Senra Fernández

 O xornal El Correo Gallego publicou unha recensión de Raquel Senra Fernández sobre a novela infantil Avións de papel, de Xavier Estévez, ilustrado por Marcos Viso. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xavier Estévez, o escritor que soubo aburrirse a tempo

O Faro de Vigo publicou unha reportaxe sobre as visitas escolares do programa do xornal que realiza o escritor Xavier Estévez, con Avións de papel.  A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

«Avións de papel, de Xavier Estévez, no Club Lendo Contigo de Espazo Lectura en Gondomar. Video sobre o libro

A novela infantil Avións de papel, de Xavier Estévez, centrará o sábado 25 de novembro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, coa presenza do autor, Teresa González Costa. A novela está ilustrada por Marcos Viso e publicada na colección Sopa de Libros. O equipo coordinador dese club de lectura elaborou, ademais, un vídeo que reproducimos abaixo.

Unha historia chea de intriga e emoción: «Avións de papel» de Xavier Estévez. Crítica de Celia Pereira Porto

A revista Criaturas publicou unha recensión de Celia Pereira Porto sobre a novela infantil Avións de papel, de Xavier Estévez, ilustrado por Marcos Viso.   Tras a cor do silencio Aí estamos todos. Tras a cor do silencio. Lucas, Sara, Hopper, Lara, Pelocho, Bocachán, Amelia… En definitiva, os seres humanos: nenos, nenas, mulleres, homes; todos. Detrás da máscara, mergullados nasoidade, atrapados polo medo.

Presentación en Ourense de “Avións de papel” de Xavier Estévez

O sábado 18 de novembro de 2017 ás 12:30 horas, na librería Espacio Lector Nobel “Internacional”, rúa Concordia, 8, Ourense, terá lugar a presentación do libro Avións de papel de Xavier Estévez e ilustrado por Marcos Viso. No acto participarán Marcos Viso, Helena Pérez e Xavier Estévez.

Xerais na Feira do Libro de Vigo 2017

Do xoves, 29 de xuño ao sábado, 8 de xullo terá lugar na Porta do Sol viguesa, ao pé so Sireno, a Feira do Libro de Vigo 2017 na que Xerais terá un variado programa: Día 29 de xuño, xoves 12:30 h.: Pregón de Carlos Núñez. Día 3 de xullo, luns 19:45 h.: Presentación de Os fillos do lume  de Pedro Feijoo con Ledicia Costas. Ao remate, sinatura. 20:00 h.: Paco Barreiro asinará Beixos de lingua. 20:30 h.

Engaiolante atmosfera de naturalidade: «Avións de papel» de Xavier Estévez. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela infantil Avións de papel, de Xavier Estévez, ilustrado por Marcos Viso. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

A soidade, o silencio, a esperanza e Edward Hopper: «Avións de papel» de Xavier Estévez. Crítica de Pilar Sampredro

O blog Café Barbantia publicou unha recensión crítica de Pilar Sampredro sobre a novela infantil Avións de papel, de Xavier Estévez, ilustrado por Marcos Viso.

Unha amizade con moitos graffitis: «Avións de papel» de Xavier Estévez. Libros e arte urbana en Rede Lectura

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda un par de libros de arte urbana e un deles é  Avións de papel, de Xavier Estévez, ilustrado por Marcos Viso, que acaba de publicar Xerais.   Libros e arte urbana: Avións de papel de Xavier Estévez Xerais vén de publicar Avións de papel de Xavier Estévez, con ilustracións de Marcos Viso. Esta novela foi finalista do Premio Merlín 2016.