Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xavier_seoane

Un título que non debe faltar en calquera biblioteca que se prece do noso país: «Dicionario irreal para un país imposible», de Xavier Seoane. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro: Dicionario irreal para un país imposible, de Xavier Seoane, con ilustracións de Ramón Trigo, publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares.

Xavier Seoane: «Este libro é como unha pequena enciclopedia que debuxa de modo transversal unha determinada visión de Galicia en temas moi variados». Entrevista no «Zig Zag Fin de Semana» sobre: «Dicionario irreal para un país imposible»

O programa ZigZag Fin de Semana, da TVG, emitiu unha entrevista de María Solar co escritor Xavier Seoane sobre o libro: Dicionario irreal para un país imposible, publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Un libro que fala de nós dende nós con ironía, retranca e humor: «Dicionario irreal para un país imposible», de Xavier Seoane. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Dicionario irreal para un país imposible, de Xavier Seoane, con ilustracións de Ramón Trigo, publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. .

Contemplar un país dende as súas palabras: «Dicionario irreal para un país imposible», de Xavier Seoane e Ramón Trigo. Anotación de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no suplemento Táboa Redonda dos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra unha anotación sobre o libro: Dicionario irreal para un país imposible, de Xavier Seoane, con ilustracións de Ramón Trigo, publicado por Xerais na colección Edicións Singulares. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «Dicionario irreal para un país imposible», de Xavier Seoane e Ramón Trigo. Un orixinal ensaio polo que desfila a historia de Galicia e a súa cultura, tópicos, mitos e carencias

Dicionario irreal para un país imposible, de Xavier Seoane, con ilustracións de Ramón Trigo, é unha novidade da colección Grandes Obras – Edicións Singulares de Xerais. Este Dicionario irreal para un país imposible, do escritor e profesor humanista Xavier Seoane, é un libro singular, fermoso, entregado, distinto e atrevido sobre este vello e milenario país que é Galicia.

Programa de Xerais na Feira do Libro da Coruña 2020

Do 1 ao 10 de agosto terá lugar a Feira do Libro da Coruña 2020 na que Xerais ten preparado o programa seguinte:  Sábado, 1 de agosto  18:00 h.: Elba Pedrosa asinará O que non sabías 18:00 h.: Amador Castro Moure asinará Shangai a Barcelona 19:00 h.: Arancha Nogueira asinará  Dente de leite. 20:00 h.: Manuel Rivas asinará O Chispas e o resto da súa obra. 21:00 h.

Unha proposta literaria para saírmos do confinamento, con mención a varios títulos publicados por Xerais. Anotación no blog «Ferradura en tránsito»

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha selección de libros para o confinamento, con mención a varios títulos publicados por Xerais: Singamia 1.1, de Ramón Caride; Se isto é un home, de Primo Levi; O mar que nos leva, de Moncha Fuentes; Os corpos invisibles, de Emma Pedreira; A póla branca, de Xavier Seoane; Transmatria, de Daniel Asorey e Chegamos despois a una terra gris, de Raúl Dans.

Xavier Seoane e os seus haikus: «A póla branca», de Xavier Seoane. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre o libro: A póla branca, de Xavier Seoane, publicado por Xerais na colección: Poesía.   A póla branca, de Xavier Seoane (Xerais)   Que a brevidade é característica nas expresións literarias do século XXI non parece ter dúbida.

Novidade: «A póla branca», de Xavier Seoane. Versos enormemente actuais, moi ocurrentes, persoais, capaces de abraiar

A póla branca, de Xavier Seoane, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. «A póla branca», que se inicia cun espléndido limiar sobre os haikus e a súa tradición, trasládanos á capacidade creativa de Xavier Seoane ante ese xénero e ofrécenos versos enormemente actuais, sintéticos, moi ocorrentes, persoais, capaces de abraiar.

Xurxo Souto e Kirmen Uribe nos “XIV Encontros con escritores” da UNED da Coruña

O xoves  14 de decembro ás 18:30 h. no Salón de actos de la Uned, rúa Educación, 3 da Coruña, terá lugar unha nova sesión do ciclo “XIV Encontros con escritores”. Ese día participan Xurxo Souto, autor de Contos do mar de Irlanda e Kirmen Uribe, autor de A hora de espertarmos xuntos que conversarán con Javier Pintor e Xavier Seoane.

«Os aforismos do riso futurista», coordinado por Francisco Pillado e Xavier Seoane. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre o libro Os aforismos do riso futurista, coordinado por Francisco Pillado e Xavier Seoane.   Escritores galegos polo aforismo Hoxe toca falar dunha desas boas ideas de carácter editorial que, de cando en cando, xorden no noso país.

Un aforismo para antes de durmir: «Os aforismos do riso futurista», coordinado por Francisco Pillado e Xavier Seoane. Crítica de Diego Ameixeras

O escritor Diego Ameixeiras publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro Os aforismos do riso futurista, coordinado por Francisco Pillado e Xavier Seoane. A crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.