Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xelis_de_toro

Un fermoso remuíño feito de cores e letras: «A porta dourada», de Xelís de Toro. Anotación en «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou una recensión asinada por Giulia Vezzaro sobre: A porta dourada, de Xelís de Toro, ilustrado por Pablo Rosendo. O libro está editado por Xerais na colección infantil e xuvenil Sopa de Libros. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Novidade: «A porta dourada», de Xelís de Toro. Un remuíño acuático de peixes con perruca e sereas saudosas que brillan como estrelas

A porta dourada, de Xelís de Toro, ilustrado por Pablo Rosendo, é unha novidade da colección de infantil e xuvenil Sopa de Libros. O meu pai é escritor coa cabeza e mecánico coas mans. Aínda que o que máis lle gusta é ser pescador, pero só co corazón, porque nunca lle vin pescar nada.

As novidades infantís e xuvenís, no blog de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre as últimas novidades de literatura infantil e xuvenil de Xerais.     MÁIS LIBROS PARA NENOS E NENAS (OU PARA TODOS) QUE NOS PRESENTA EDICIÓNS XERAIS NAS DIVERSAS COLECCIÓNS DE LIX. Pouco se pode engadir ao que se leva dito sobre Edicións  Xerais e a súa extraordinaria aposta pola LIX galega.

Con música e sensibilidade: «O trompetista e a Lúa», de Xelís de Toro. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre O trompetista e a Lúa, de Xelís de Toro, ilustrado por María Lires.   O trompetista e a Lúa Con ilustracións de María Lires publica Xerais este libro de Xelís de Toro: O trompetista e a Lúa. Unha aventura musical dunha persoa que, sobre todo, persegue os seus soños. E para conseguilos vai necesitar a axuda da mesma Lúa.

Novidade: «O trompetista e a Lúa», de Xelís de Toro. Unha nova banda de música está en marcha!

O trompetista e a Lúa, de Xelís de Toro, é unha novidade da colección Sopa de Libros. O libro está ilustrado por María Lires. A cidade enteira estaba patas arriba. Todos os músicos e aspirantes a músicos andaban atarefados. Axiña se ía formar a nova banda de música. Os aspirantes practicaban sen parar cos seus instrumentos. Evaristo, o xeadeiro, sopraba con ilusión a súa trompeta.

Finalistas de Xerais na XI edición do Premio Frei Martín Sarmiento

Publicamos o listado de libros de Xerais que resultaron finalistas en distintas categorías da XI edición do Premio Frei Martín Sarmiento. Trátase dun premio que é outorgado a través da votación dos propios estudantes galegos.

Lectura amena: «O gato fantasma«, de Xelís de Toro. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre O gato fantasma, de Xelís de Toro.   Amena narración Do posible e do probable A fronteira entre realidade e ficción é,ás veces,tan fina que pasar dun lado a outro é moi doado, sobre todo, se quen camiña son rapaces aos que lles resulta complicado diferenciar entre o desexo, o posible e o probable.

Historia belida e fonda: «O gato fantasma», de Xelís de Toro. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou no seu blog Criticalia unha recensión crítica sobre O gato fantasma, de Xelís de Toro.     Soños gatunos O gato fantasma é a última achega do santiagués Xelís de Toro á narrativa de noso, unha novela curta infantoxuvenil que publica Edicións Xerais.

Aportación deliciosa: «O gato fantasma», de Xelís de Toro. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre O gato fantasma, de Xelís de Toro.

A inxustiza do esquecemento: «O gato fantasma», de Xelís de Toro. Anotación de Jaureguizar

Jaureguizar publicou no seu blog unha anotación sobre O gato fantasma, de Xelís de Toro.   Os gatos perdidos O máis sorprendente do meu gato é o seu desinterese cara á morte. Pasou dos 18 anos, pero non se lle distinguen signos finalistas por moito que o observe un. Certo que hai anos deixou de andar ás carreiras polo salón ripando de cortina a cortina coma un piloto de Red Bull.

Novidade: «O gato fantasma», de Xelís de Toro, na colección Merlín

O gato fantasma, de Xelís de Toro, é unha das novidades da colección Merlín. Rolo e Pestiña son moi amigos, que non noivos, e sempre ao saír da escola van xuntos para a casa. Pero aquel día en que todo comezou, Pestiña non daba chegado á praza do camelio, onde sempre quedaban. Mentres Rolo agardaba comezou a chover; estábase poñendo coma un pito. Logo dun anaco viu aberto un portal dunha casa e foi correndo a refuxiarse.

Xelís de Toro: «A literatura galega naceu grazas ao galeguismo e nacionalismo, mais só vai ter relevancia social se logra matar ao pai». Entrevista de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha entrevista con Xelís de Toro.     Parlamento das Letras Antonio García Teijeiro Xelís de Toro escribe coa verba tramada á pel da vida. É un médium do caos humano que o rodea, que fagocita ávido de contar historias que nos devolvan o cáliz fervente da realidade.